Nixeria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
*da Guinea (segundo a RAG)
Liña 48:
| nota1 = Fálanse máis de 500 idiomas, sendo o inglés o único oficial. Outros importantes son o [[lingua yoruba|yoruba]], o [[lingua hausa|hausa]], o [[lingua ibo|ibo]] e o [[lingua hwana|hwana]].
}}
'''Nixeria'''<ref>{{DRAG|nixeriano}}</ref> ({{Audio|En-us-Nigeria.ogg| [n|aɪ|ˈ|dʒ|ɪər|i|ə]}}), oficialmente '''República Federal de Nixeria''', é unha [[república]] [[federación|federal]] que comprende [[Subdivisións de Nixeria|36 estados]] e máis o [[Territorio da Capital Federal de Nixeria|Territorio da Capital Federal]], [[Abuja]]. O país está localizado no oeste de África, e comparte fronteiras terrestres coa República de [[Benin]] polo oeste, [[Chad]] e [[Camerún]] polo leste, e [[Níxer]] polo norte. No sur está a costa, co [[golfo deda Guinea]] no océano Atlántico.
 
Ó longo da historia, a zona veu nacer varios reinos e imperios, mais o moderno estado de Nixeria ten a súa orixe na colonización británica da rexión dende finais do [[século XIX]] e comezos do [[século XX|XX]]. O país xurdiu da combinación de dous protectorados británicos veciños: o [[Protectorado do Sur de Nixeria]] e o [[Protectorado do Norte de Nixeria]]. Durante a era colonial, os británicos estableceron estruturas legais e administrativas ó tempo que se mantiveron as xefaturas tradicionais. Nixeria conseguiu a independencia en 1960, mais pouco despois sumiuse nunha [[Guerra Civil de Nixeria|guerra civil]] durante varios anos. Dende entón, o seu goberno alternouse entre dirixentes democraticamente elixidos e ditaduras militares, sendo as eleccións presidenciais de 2011 as primeiras realizadas en termos razoables de liberdade e claridade.<ref name="New York">{{cita novas|apelido=Nossiter|nome=Adam|título=Nigerians Vote in Presidential Election|url=http://www.nytimes.com/2011/04/17/world/africa/17nigeria.html?pagewanted=1&_r=1&hp|dataacceso=17 de abril de 2011|xornal=The New York Times|data=16 de abril de 2011}}</ref>