Eanfrith de Bernicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios using AWB
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 4:
Edwin converteuse en rei de [[Reino de Northumbria|Northumbria]] tras a morte de Æthelfrith, e Eanfrith, quen foi, segundo [[Beda]], o fillo maior de Æthelfrith, foise en exilio cara ao norte. Na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum]]'', Beda conta que "''Por todo o tempo que Edwin reinou, os fillos do xa mencionado Æthelfrith, quen reinara antes del, con moitos da nobreza, vivían en desterro entre os escoceses ou [[pictos]], e foron instruídos de acordo á doutrina dos [[Escocia|escoceses]], e recibiron a graza do [[bautismo]]''."
 
Eanfrith casou cunha princesa picta e tivo un fillo, [[Talorgan I|Talorcan]], quen eventualmente se converteu en rei dos [[pictos]] (653–657). Edwin foi asasinado o exército de [[Cadwallon ap Cadfan]] do [[Reino de Gwynedd]] e [[Penda|Penda de Mercia]] na [[Batalla de Hatfield Chase]] en outubro de [[633]], e Eanfrith, tomando a oportunidade de regresar á súa patria, converteuse en Rei de Bernicia. Con todo, non reinou sobre [[Deira (reino)|Deira]], o cal fora tomado por un parente de Edwin, [[Osric de Deira|Osric]]. Beda conta que axiña que Eanfrith tomou o poder, "renunciou e perdeu" a súa fe e retornou á "abominación" de relixión e os seus "ídolos anteriores".
 
É posíbel que Eanfrith estivese envolto nalgúns dos eventos que levaron á caída de Edwin, ou polo menos estaba inicialmente en bos termos con Cadwallon. O historiador D. P. Kirby especulou que puido existir "unha gran rede de alianzas" que incluían a Eanfrith. Se algunha vez houbo unha relación amigábel entre Eanfrith e Cadwallon ao principio, non durou por moito tempo xa que Beda reporta que Eanfrith foi até Cadwallon "con só doce soldados escollidos" nun intento de negociar a paz, pero Cadwallon mandouno matar.