Albaicín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*aljibe: alxibe
Liña 17:
A época nazarí foi a de máis esplendor e influencia do barrio do Albaicín. A trama urbana que se conserva actualmente é a desa época, cunha rede moi complicada de rúas estreitas, dende a parte máis alta (San Nicolás) ata a ribeira do [[río Darro]] (Carrera del Darro) e a rúa Elvira, que se unen na Plaza Nueva.
 
O tipo tradicional de vivenda é o ''carmen,'' que consiste nunha casa rodeada dunha pequena horta ou xardín e de muro alto que a separa da rúa. Era moi característica a canalización e distribución de auga potable a través de cisternas subterráneas (aljibealxibe), das que se conservan unhas 28, a maioría aínda en funcionamento.
 
A situación do barrio sobre a aba da montaña diante da [[Alhambra]] propicia unha vistas espectaculares, especialmente, para os turistas, dende a igrexa de San Nicolás. Na zona pódense visitar tamén restos duns baños árabes, o Museo Arqueolóxico de Granada, e a igrexa de San Salvador, edificada sobre os restos dunha [[mesquita]]. Tamén se conservan algunhas casas mouriscas.