Neoclasicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=setembro de 2017}}
{{Historia da Arte|imaxe=[[Ficheiro:David-Oath of the Horatii-1784.jpg|250px]]}}
[[Ficheiro:The_Intervention_of_the_Sabine_Women.jpg|miniatura|esquerda|O rapto das sabinas de Jacques-Louis David]]
Liña 17 ⟶ 18:
Durante o [[Renacemento]] os pensadores europeos, especialmente os italianos, entraron en contacto coa antigüidade, que lles sorprendeu polas altas cotas ás que chegara en comparación coa Europa medieval. Naceu daquela o concepto de "arte clásica" que, uns séculos máis tarde, se define como as de [[Grecia]] e [[Roma]] no milenio que vai do [[século -V|século V a.C.]] até o [[século V|século V d.C.]] (e talvez antes, se se inclúe Exipto. Os [[Humanismo renacentista|humanistas]] tiñan por "clásico" o producido na altura na que as civilizacións antigas do Occidente atinxiran o seu maior grau de perfección.
 
Esta admiración pola antigüidade greco-romana rexurdiu coa [[Ilustración]] francesa. Esta retomou os ideais de proporción, orde racional e beleza que aparecen, por exemplo, no ''De Architectura'' (''Sobre a Arquitectura'') de [[Vitruvio]], redescobertoredescuberto a finais da [[Idade Media]] pero confirmado agora polos novos descobrementosdescubrimentos arqueolóxicos.
 
Pero esa atracción por construír o fermoso e proporcionado (que xa se dera no Renacemento) compleméntase cun rexeitamento da decadencia aristocrática que se manifestaba no [[Barroco]] e no [[Rococó]], así como do papel hexemónico da relixión, que eran o seu soporte ideolóxico. O Neoclasicismo glorifica as grandes virtudes civís da antigüidade, dá paso ao mundo pagán e agrégalle ciencia á emoción. É un movemento da clase media ilustrada, que prefire o normativo, disciplinado e austero, contra a aristocracia.
 
== Producións ==
[[Ficheiro:Ayuntamiento de Santiago de Compostela.jpg|475px300px|miniatura|[[Pazo de Raxoi]], [[Santiago de Compostela]].]]
Todos os países anti-napoleónicos parece como se preferisen o modelo grego, mentres que Francia se decantou polo romano. [[Wincklemann]] foi o primeiro en propor unha interpretación compositiva da arte grega; débeselle a el a concepción de que a arte ten historia. Para el, a imitación da arte antiga permite atopar a esencia da beleza, que en si se atopa na propia natureza. O arquitecto alemán [[Schinkel]], autor do Teatro Real, proxectou deseñar Berlín como a Atenas moderna. O arquitecto escocés [[Robert Adam]] introduciu o Neoclasicismo en [[Gran Bretaña]]; foi en Escocia onde se mantivo máis puro, como se observa claramente en [[Edimburgo]]. En Londres, [[John Soane]] deseñou o Banco de Inglaterra e [[Robert Smirke]] o [[Museo Británico]]. O estilo neogrego foi substituído polo [[rexencia]], cuxo maior exemplo son as fachadas de Regent Street ([[1812]]) en Londres (de John Nash) e o Royal Pavilion de [[Brighton]] ([[1815]]-[[1823]]).
 
En [[Francia]], [[Claude Nicolas Ledoux]] deseñou un pavillón ([[1771]]) para a condesa du Barry e varias portas para [[París]] ([[1785]]-[[1789]]). Os arquitectos oficiais de [[Napoleón]], [[Charles Percier]] e [[Pierre François Fontaine]], tentaron transformar París imitando o estilo opulento da arquitectura imperial romana, como no [[Arco do triunfo do Carrousel]] ou nos [[Avenida dos Campos Elisios|Campos Elisios]] ([[1806]]), xa en época imperial.
 
Dentro deste movemento, atopamo-loatopámolo "[[Clasicismo romántico]]", que inda que neoclásico, ten algunhas diferenzas de matices. Acostúmase a confundir ambos pola súa semellanza. Dentro do [[Clasicismo romántico]] atopamos moitos destes arquitectos "neoclásicos", coma [[John Soane]] ou [[Schinkel]].
 
O estilo neoclásico tivo dúas variantes nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Unha é o [[estilo federal]] e xurdiu entre [[1780]] e [[1820]] e foi inspirada na obra de [[Robert Adam]]. Foi moi promovida por [[Thomas Jefferson]], quen consideraba que o neoclásico era o estilo perfecto para representar os ideais republicanos. Dous dos edificios máis notábeis son a Casa do Estado de [[Massachusetts]], en [[Boston, Massachusetts|Boston]] ([[1798]]) e o Capitolio, en [[Washington, D.C.|Washington]], baseada na [[Maison Carrée]] de [[Nîmes]]. A outra variante é o estilo neogrego, que floreceu na primeira metade do [[século XIX]].
 
En [[España]] o Neoclásico atópase na Puerta de Alcalá de [[Madrid]], obra do italiano [[Francesco Sabatini]] e no [[Museo do Prado]], tamén en [[Madrid]], de [[Juan de Villanueva]]; en [[Santiago de Compostela]] debe destacarse o [[Pazo de Raxoi]], obra do enxeñeiro [[Carlos Lemaur]]. En [[Hispanoamérica]] destacan a Casa da Moeda de [[Santiago de Chile]], o Palacio da Minería e a Fábrica de Cigarros en [[México]] e a igrexa de San Francisco en [[Cali]], [[Colombia]].
 
Ademais de na arquitectura, pódense atopar os ideais neoclásicos no pintor francés [[Jacques-Louis David]], no escultor italiano [[Antonio Canova|Canova]] e nos escritores españois [[Gaspar Melchor de Jovellanos|Jovellanos]] e [[Leandro Fernández de Moratín|Moratín]].
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}