Igrexa católica etíope: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
 
== Historia ==
Os [[Era dos descubrimentos|descobrimentosdescubrimentos]] [[Portugal|portugueses]] permitiron que se abriran novas vías de comunicación entre a [[Igrexa Católica]] e a [[Igrexa Ortodoxa Etíope]], coa cheagadachegada no [[século XIV]] de [[misión cristiá|misioneiros]] católicos a [[Etiopía]]. O [[28 de agosto]] de [[1439]] o papa [[Uxío IV, papa|Uxío IV]] mandou unha mensaxe de unidade coa Igrexa católica ao [[Emperador de Etiopía]] [[Zara Yaqob|Constantino I]] pero os seus esforzos non deron resultado.<ref name=cnewa>[http://www.cnewa.org/default.aspx?ID=64&pagetypeID=9&sitecode=HQ&pageno=1 The Ethiopian Catholic Church], Catholic Near East Welfare Association, {{en}}.</ref>
 
Cos ataques [[Islam|islámicos]] de [[1531]] amenazandoameazando a Etiopía, o [[Imperio Etíope|emperador]] buscou a axuda dos [[Imperio Portugués|portugueses]] para derrotar ao [[Sultanato de Adel]] na [[Guerra Adel-Etíope]]. Xunto cos portugueses, chegaron misioneiros [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que centraron as súas actividades misioneiras na clase dirixente co propósito de buscar a unión da Igrexa ortodoxa etíope coa Igrexa católica. O emperador [[Sissinios de Etiopía|Sissinios]] converteuse principalmente pola predicación do xesuíta [[Pedro Páez]]. En 1622, Sissinios fixo do catolicismo a [[relixión do estado]]. Ao ano seguinte, o papa [[Gregorio XV, papa|Gregorio XV]] designou a [[Afonso Mendes]], un xesuíta portugués, como patriarca da Igrexa etíope. Mendes tentou [[latinización|latinizar]] a Igrexa etíope e foi apoiado por Sissinios, mais o efecto desexado foi o contrario e, logo da morte de Sissinios en 1632, o seu sucesor [[Fasílides de Etiopía|Fasílides]] expulsou en 1636 a Mendes do país, rematou a unión con [[Santa Sé|Roma]] e expulsou ou matou aos misioneiros que quedaban, permanecendo o país pechado aos misioneiros católicos por 200 anos.<ref name=cnewa/>
 
En 1839 os [[Congregación da Misión|lazaristas]] e os [[Orde dos Frades Menores Capuchinos|capuchinos]] retomaron as actividades misioneiras no país, aínda que con certas limitacións. No mesmo ano, [[Xustino de Jacobis]] foi nomeado primeiro [[Prefecto Apostólico]] de [[Imperio Etíope|Abisinia]] e lle foi encomendada a fundación de misión católicas no país. Logo de oito anos de traballo, foi nomeado [[bispo titular]] de [[Nilopolis]] en 1847, e pouco despois [[Vigairía apostólica|Vigairo Apostólico de Abisinia]], pero rexeitou a dignidade [[bispo|episcopal]] até que lle foi imposta en 1849.<ref>[//en.wikisource.org/wiki/Catholic_Encyclopedia_%281913%29/Blessed_Justin_de_Jacobis Blessed Justin de Jacobis], na ''Catholic Encyclopedia'' de 1913, {{en}}.</ref>
 
En 1889 o Emperador [[Menelik II de Etiopía|Menelik II]] chegou ao trono e permitiu o acceso ao país aos misioneiros católicos. Coa conquista de Etiopía por Italia na [[Segunda Guerra Italo-Abisinia]] as actividades misioneiras aumentaron no país, do mesmo xeito que en [[Eritrea]], baixo control italiano dende 1889.<ref name=cnewa/>
Liña 40:
En 1919 foi fundado o Pontificio Colexio Etíope no [[Vaticano]] polo [[papa]] [[Bieito XV, papa|Bieito XV]], coa Igrexa de santo Estevo, detrás da [[Basílica de San Pedro]], como igrexa do colexio.<ref name=cnewa2/>
 
A [[Igrexa católica latina|Igrexa latina]] xa fora establecida no sur do país, en territorios aínda non [[cristianismo|cristianizados]] e que foron incorporados ao país a finais do [[século XIX]]. A [[ocupación italiana de Etiopía]] en 1936 facilitou o aumento do número de xurisdicións de [[ritos litúrxicos latinos|rito latino]], mais a expulsión dos misioneiros estranxeiros co gallo do fin da [[Segunda Guerra Mundial]] levou a que os cregos de [[rito etíope]] tiveran que ocuparse dos territorios até entón baixo réxime latino. En 1951 foi creado o [[Exarcado]] Apostólico de Rito Etíope de [[Adís Abeba]], e o ordinariato para Eritrea foi elevado ao rango de Exarcado. Dez anos máis tarde, o [[20 de febreiro]] de [[1961]], foi establecida unha [[provincia eclesiástica]] etíope, con [[Adís Abeba]] como [[Sé Metropolitana]]<ref name=madaa>[http://www.gcatholic.com/dioceses/diocese/addi0.htm Metropolitan Archdiocese of Addis Abeba], Giga-Catholic Information, {{en}}.</ref> con [[eparquía de Asmara|Asmara]] (en Eritrea) e [[Eparquía de Adigrat|Adigrat]] como eparquías sufragáneas.<ref name=cnewa/>
 
En 1995 foron creadas dous novas [[eparquía]]s, [[eparquía de Barentu|Barentu]] e [[eparquía de Keren|Keren]], en Eritrea,<ref name=cs10>[http://www.cnewa.org/source-images/Roberson-eastcath-statistics/eastcatholic-stat10.pdf The Eastern Catholic Churches 2010], Ronald G. Roberson para Catholic Near East Welfare Association, {{en}}.</ref> e a [[vigairía apostólica]] da [[Igrexa católica]] foi abolida, converténdose [[Eritrea]] no único país do mundo no que todos os [[Igrexa Católica|católicos]], sen importar o seu rito litúrxico, pertencían a unha xurisdición [[igrexas católicas orientais|católica oriental]].<ref name=cnewa2>[http://www.cnewa.org/default.aspx?ID=64&pagetypeID=9&sitecode=HQ&pageno=2 The Ethiopian Catholic Church], Ronald G. Robertson en Catholic Near East Welfare Association, p.2, {{en}}.</ref> En 2003 foi creada unha eparquía máis en [[Eparquía de Endibir|Endibir]] na rexión de [[Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur]] de Etiopía,<ref name=madaa/> e en 2012 outra máis en [[eparquía de Segeneiti|Segeneiti]], no sur de Eritrea, quedando xa que logo estruturada a Igrexa en sete sedes, tres en Etiopía e catro en Eritrea.<ref name=cnewa2/>
 
O [[19 de xaneiro]] de [[2015]] o papa [[Francisco, papa|Francisco]] instituiuinstituíu a [[Igrexa católica eritrea]] como [[Igrexa particular]] autónoma, separándoa da Igrexa etíope, e nomeando como primeiro metropolita ao arcebispo de [[arquieparquía católica eritrea de Asmara|Asmara]], [[Menghesteab Tesfamariam]].
 
== Xurisdicións, estrutura e demografía ==