Atletismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Galería de imaxes: +trad. ca.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Galería de imaxes: +trad. ca.wiki
Liña 241:
 
As pistas ao longo da historia variaron moito. Ao principio eran de area para dificultar a velocidade dos atletas, actualmente isto é diferente e están deseñadas para facilitala. Os materiais cambiaron, cada vez as infraestruturas son máis resistentes. A distancia dunha volta, ademais, variou continuamente: 1896 (Atenas) - 333,33 m; 1900 (París) - 500 m; 1904 ([[St. Louis]]) - 536,45 m (un terzo de milla); 1908 (Londres) - 536,45 m; 1912 (Estocolmo) - 383 m; 1924 (París) - 500 m; actualmente son de 400 metros.
 
==== Carreiras ====
Nunha pista oficial, a rúa 1 (o interior) fai 400 metros cada volta. Hai dúas rectas paralelas (duns 84 metros) e dúas curvas co mesmo radio cada unha (duns 36,5 m), estas medidas ás veces poden variar, mantendo a pista simétrica por 2 eixos. As voltas que fan os corredores son no sentido contrario das agullas do reloxo, é dicir, das dúas partes irán sempre pola da dereita. Ao comezo da recta ten que haber un espazo con tartan duns 3 metros e ao final duns 17 para que os atletas non teñan problemas á hora de frear. No interior da rúa 1, para separar a zona de carreiras e as outras probas, hai un bordo duns 5 centímetros de altura e 5 de anchura que adoita ser metálico. Aínda así tamén debe haber unha liña branca que delimite a zona, e en caso de terse que mover o bordo pola realización de concursos ou determinadas carreiras, terase que marcar con conos ou bandeiras (de 20 centímetros de altura como mínimo) o percorrido orixinal da pista, aínda así non poderán estar a máis de 4 metros entre un e o outro.
 
[[Ficheiro:Óvalo2.PNG|250px|esquerda|miniatura|Forma da pista para carreiras de atletismo.]]
Fórmula matemática da pista:
:84,39 m (distancia de cada recta) x 2 = 168,78 m (as dúas rectas)
:36,80 (radio dunha das curvas) x 3,1416 ([[número pi]], aprox.) = 115,61 m
:115,61 (distancia de cada curva) x 2 = 231,22 m (as dúas curvas)
:168,78 (as dúas rectas) + 231,22 (as dúas curvas) = 400 m
 
A distancia das rúas cóntase dende a liña externa. Cada rúa ten 1,22 metros de anchura (cunha variación posible de 1 centímetro), marcada por ambas as bandas por liñas brancas de 5 centímetros de anchura. A inclinación da pista non pode superar 1:100 (normalmente cara ao interior) e o desnivel o 1:1.000 cara á dirección da carreira. As zonas de seguridade son de máis dun metro no interior e de aproximadamente un metro no exterior, onde non pode haber material, obstáculos, etc. Ademais, tódolos sistemas de drenaxe que haxa nesta zona terán que estar ao mesmo nivel que a pista. A "ría" empregada na probas de obstáculos ten que estar no interior ou exterior da segunda curva e ten que ter unhas dimensións de 3,66 m x 3,66 m x 0,70 m.
 
Xusto antes da saída da recta ten que estar o número de cada rúa pintado de cor branca, de máis de medio metro de altura e lexibles na dirección da carreira. Á chegada pódense pór dous paus brancos ríxidos, a máis de 0,30 metros de distancia da pista sempre que non dificulten o traballo da [[foto-finish]], as súas medidas terán que ser duns 1,40 x 0,08 x 0,02 metros. Nas carreiras onde se empeza con carril propio, pero acaban con rúa libre (como os [[800 metros lisos]]) deixaranse uns prismas ou conos xusto na zona onde se produza o cambio.
 
Tamén ten que haber un corredor especial para enlazar as probas que saen da pista ([[maratón]], [[medio maratón]], [[marcha atlética]]) e que acaban dentro.
 
== Galería de imaxes ==