Atletismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 217:
 
Na '''marcha''' os atletas teñen que ter sempre un pé en contacto coa terra, ou aparentalo a primeira ollada, aínda que a miúdo non se cumpra completamente esta norma, serve para evitar que os atletas corran. Só se sancionará se se incumpre claramente, o atleta que o faga recibirá os cartóns dos xuíces. As distancias comprenden desde os 1.500 metros ata os 50 km.
 
=== Concursos ===
Os concursos son aquelas probas do atletismo que non son nin carreiras nin combinadas: os saltos e os lanzamentos. As probas que conforman este gran grupo son moi variadas e diversas. Os [[Salto atlético|saltos]] son: [[salto de altura]], [[salto con pértega]], [[salto de lonxitude]] e [[triplo salto]], e os [[Lanzamento atlético|lanzamentos]]: o [[Lanzamento de peso|peso]], [[Lanzamento de disco|disco]], [[Lanzamento de martelo|martelo]] e [[Lanzamento de xavelina|xavelina]].
* No '''salto de altura ''' o atleta ten que superar un listón saltando por riba del. A técnica empregada actualmente é a de ''fosbury''.
* O '''salto con pértega''' ten aspectos comúns co salto de altura: o obxectivo é pasar por riba dun un listón, neste caso, pero, os atletas axúdanse dunha barra flexible chamada pértega.
* O '''salto de lonxitude''' consiste a facer o salto a maior distancia horizontal do punto de batida.
* O '''triplo salto''' é igual agás que desde o punto de batida ata a fosa pódense dar dous pasos para acabar cun salto (que sería como o terceiro paso).
* O '''lanzamento de peso''' consiste a lanzar un peso de 7,26 kg os homes e 4 kg as mulleres o máis lonxe posible sen saír dun círculo de lanzamento. Hai dúas técnicas para lanzar o peso: unha con desprazamento lineal e unha con desprazamento rotatorio. O desprazamento realízase para elevar a velocidade final do peso o máximo posible e aproximarse ao colector que é a zona máis próxima na zona de caída do artefacto. A forma lineal realízase facendo un salto en liña recta e a rotativa supón facer unha rotación sobre un mesmo ao mesmo tempo que se despraza.
* O '''lanzamento de disco''' é moi parecido ao lanzamento de peso con desprazamento rotatorio coa diferenza da colocación do artefacto, posto que o disco lévase co brazo completamente estirado.
* O '''lanzamento de martelo''' consiste, tamén, a lanzar o máis lonxe posible un disco ou un martelo respectivamente, sen saír do círculo de lanzamento. Este realízase dando tres ou catro voltas sobre un mesmo para acelerar o artefacto o máximo posible. O martelo lévase cos brazos estirados e a diferenza dos outros lanzamentos é o único que se realiza de costas á zona de lanzamento na súa parte final.
* O '''lanzamento de xavelina''' no canto de desenvolverse no círculo de lanzamento faise nun corredor, tamén se ten que tentar lanzar o máis lonxe posible a xavelina. A técnica do lanzamento consta dunha carreira previa como desprazamento e o lanzamento final.
 
== Principais probas ==