Piñeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Eliminado erro grave. O piñeiro non aparece no himno galego. A queixume dos pinos é o ruído que fai o pino do carro cando se move e renxe. "Pino" é unha parte do carro, non unha árbore
Liña 20:
Os '''piñeiros''' son [[árbore]]s [[conífera]]s (raramente [[arbusto]]s) [[perenne]]s pertencentes ao [[Xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Pinus''''', da familia ''[[Pinaceae]]'' e da subfamilia ''[[Pinoideae]]'', e xa que logo abrangue diversas [[especie]]s, a maior parte delas nativas do [[hemisferio Norte]]. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular.
 
Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, maiormente por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e XX sobre [[uceira]]s, [[Fraga (botánica)|fragas]] e [[carballeira]]s para o aproveitamento principalmente madeireiro. Con todo o [[piñeiro bravo]] (''Pinus pinaster'') pódese considerar unha especie autóctona, sendo ademais xunto co [[Carballo común|carballo]] e o [[toxo arnal|toxo]] un dos símbolos botánicos do país, que incluso aparece referenciado no [[Himno de Galicia|himno]].
== Descrición ==
A copa pode ser piramidal ou redondeada e, nas árbores adultas, ancha e deprimida. Os [[macroblasto]]s presentan follas escuamiformes sen [[clorofila]], mentres que os [[braquiblasto]]s son moi curtos, cunha vaíña [[membrana|membranosa]] de [[escama]]s e están rematados por entre dúas e cinco follas lineares ou aciculares, con dúas ou máis canles resiníferas cada unha. Os [[cono]]s masculinos desenvólvense na base dos gromos anuais. Os [[piña (coníferas)|estróbilos]] ou 'piñas' presentan escamas persistentes: as [[tectriz|tectrices]] son rudimentarias e inclusas, e as [[seminífera]]s acostuman presentar unha protuberancia ou embigo na súa parte externa (apófose). Maduran bianual o trienalmente. As sementes son aladas coa testa máis ou menos lignificada. Ás veces son comestíbeis ([[Piñón (semente)|piñóns]]).