Val do Nilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios +cda
m O Cairo
 
Liña 1:
O '''Val do Nilo''' é o fértil val do río [[Nilo]], río do cal depende [[Exipto]]. É un val que como media só ten 19 quilómetros de ancho dende [[Asuán]] até O [[O Cairo]], esténdese cara ao norte como unha delgada cinta verde sobre o árido deserto africano. No pasado, as inundacións anuais do Nilo depositaban unha lama enriquecedora do terreo que fixo de Exipto unha nación exportadora de alimentos e un lugar de refuxio en tempos de fame. ([[Xénese]] 12:10.) As canas de [[papiro]] das súas ribeiras foron a base para o papel máis primitivo.
 
O ancho delta, onde as augas do Nilo ábrense como un abano antes de fluír ao azul [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]], recibe o nome de [[Baixo Exipto]]. Parece que aquí estaba -a terra de Gosén-, que foi habitada polos [[israelita]]s durante a súa longa estancia en Exipto. (Xénese 47:27.)
 
A construción da grande [[presa de Asuán]] nos anos sesenta produciu ''un cambio fundamental no medio ambiente do val do Nilo'' segundo o [[New York Times]]. O nivel das augas subterráneas debaixo dos monumentos subiu; o aire é máis húmido debido a que as canles de rega nunca se baleiran; os sales do chan penetran a través das antigas fachadas, despegándoas da roca de abaixo; as [[augas residuais]] tinguen o chan.