Atletismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Carreiras: Maratón (atletismo)
Liña 197:
Unha saída será nula se un corredor ou corredora ponse en movemento antes de que se dea o pistoletazo de saída. O atleta que fai unha saída nula é descualificado (en vigor desde o 1 de xaneiro de 2010).
As carreiras clasifícanse en:
* [[100 metros lisos|100 m]], [[200 metros lisos|200 m]], [[400 metros lisos|400 m]], [[800 metros lisos|800 m]], [[1500 metros lisos|1500 m]], [[3000 metros lisos|3000 m]], [[5000 metros lisos|5000 m]], [[10000 metros lisos|10000 m]], e a [[Maratón (atletismo)|maratón]] (42,195 km).
* Valos e obstáculos: [[100 metros valos|100 m feminino]], [[110 metros valos|110 m masculino]], [[400 metros valos|400 m]] e [[3000 metros obstáculos|3000 obstáculos]].
* [[Marcha atlética|Marcha]]: 20 km e 50 Km (masculino)
Liña 209:
As '''carreiras de medio-fondo''' son aquelas comprendidas entre os 600 e os 3.000 metros. As carreiras máis populares son a de [[800 metros lisos]], a de [[1.500 metros lisos|1.500]] e a de [[3.000 metros lisos|3.000]]. Tamén o sería a [[Milla (atletismo)|milla]] a pesar de non ser olímpica. Nestas carreiras o atleta segue unha estratexia previamente estudada acelerando e reducindo a marcha para poder aguantar toda a distancia, tamén hai atletas que van durante toda a carreira á mesma velocidade. Nestas probas non se empeza con ''starting'', senón que se sae de pé, e colócanse nunha liña curva da pista, sen rúa única; a única excepción son os 800 metros lisos onde si que se empeza con ''starting'' e durante unha distancia hai rúa única. O atleta fai unha menor apertura de pernas e a acción dos xeonllos non é tan importante como nas probas de velocidade.
[[Ficheiro:Ossiloopstart.JPG|250px|miniatura|O [[campo a través]] caracterízase por disputarse no medio de camiños, montañas, campos, etc. no canto de facelo en pista.]]
As '''[[carreiras de fondo]]''' son todas as carreiras dunha distancia superior aos 3.000 metros: [[5.000 metros lisos|5.000]], [[10.000 metros lisos|10.000]], [[Maratón (atletismo)|maratón]] (42.195 metros fóra de pista), o [[campo a través]] (fóra de pista), etc. Os atletas destas probas tentan evitar todos os movementos innecesarios, os xeonllos non se moven moito e a apertura de pernas e a forza son menores que nas carreiras de medio-fondo e de velocidade.
 
As '''carreiras de valos''' son de 400 metros ou inferiores en distancia. O atleta ten que superar un conxunto de 10 valos, de diferente altura segundo a categoría e o sexo. A distancia entre os valos é diferente segundo a distancia que se percorra. Para pasar os valos correctamente primeiro tense que estender unha perna, pasar o valo (sen perder o ritmo) e pola rapidamente en terra, a segunda perna pasa dobrada perpendicularmente ao corpo (de tal maneira que queda paralela a terra): a flexibilidade é un elemento chave nestas probas. Se un atleta non pasa por encima dos valos será descualificado; o feito de tombalas non o descualifica nin impide establecer unha marca.