Atletismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 32:
En [[1834]] un grupo de ingleses decidiron os mínimos esixibles para participar en determinadas probas. As primeiras reunións atléticas foron da man das universidades de [[Oxford]] e [[Cambridge]] ([[1864]]). O primeiro mitin nacional en [[Londres]] tivo lugar en [[1866]] e o primeiro mitin afeccionado en pista cuberta, celebrado nos [[Estados Unidos]] en [[1868]], o ano no cal se fundou o primeiro club de atletismo. Isto desatou o interese por este deporte tanto en [[Europa]] como [[América]].
 
Amodo o atletismo foi collendo protagonismo, en [[1896]] celebráronse os Xogos Olímpicos en [[Grecia]] impulsados polo barón [[Barón Pierre de Coubertin]], no [[Estadio Panathinaikó]] de 333 metros de pista,<ref>{{cita libro |apelidos=E. Martin |nome=David |apelidos2=Gynn |nome2=Roger W. H. |título=The Olympic marathon |url=http://books.google.cat/books?id=Qb125O62NVQC&pg=PA56&dq=stadium+333+meters&hl=ca&ei=CfRnTYPQDcaSswbl7KzgDA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDQQ6AEwAg#v=onepage&q=stadium%20333%20meters&f=false |lingua=inglés |editorial=Human Kinetics |data=2000 |páxinas=p.56 |isbn=0880119691 }}</ref> e a partir de aquí cada 4 anos un país era o anfitrión dos Xogos, excepto en tempos de guerra.
 
Aínda así non foi ata os xogos de [[Estocolmo]], en [[1912]] que non se empezaron a cronometrar as carreiras; foi, por tanto, o primeiro momento no que se contaron as marcas, foi naqueles xogos cando [[Jim Thorpe]] gañou dúas medallas de ouro no [[pentatlon]] e no [[decatlon]], conseguindo a marca do mundo, seis meses despois retiráronselle as medallas e as marcas porque cobraba 25 [[Dólar estadounidense|dólares]] semanais xogando ao [[béisbol]], en [[1982]], unha vez xa morto, o [[Comité Olímpico Internacional]] entregou as medallas aos seus fillos e volvérono a inscribir no [[libro das Marcas]].