Atletismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Historia: quito apartado repetido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Antigüidade: +trad. ca.wiki
Liña 26:
 
[[Irlanda]] organiza entre o 632 aC e [[1169]] xogos que comprenden probas descoñecidas polos [[gregos]] como [[salto de pértega]], lanzamento de martelo e unha forma de [[cros country]]. Estas disciplinas son importadas a [[Escocia]] no século IV, pola migración de escoceses. Estes xogos arraigan en terra escocesa e fanse os [[Highland Games]].<ref name="lip">Wojciech Liponski (s.d.), ''L'encyclopédie des sports'', Poznan, Atena, 2003 (éd. fra., París, Grund et UNESCO, 2005), páx.33, ISBN 2700012275</ref>
 
=== Idade media ata o século XIX ===
Desde o século XI, as fontes informan de carreiras a pé en Inglaterra. O entusiasmo é tal que as autoridades locais reservan un espazo dedicado a estas competicións en 1154 en Lord.<ref name="lip"/> A descrición dun lanzador de pedras figura nos relatos de Havelock o danés en 1275. Doutra banda, segundo os historiadores, o rei Enrique II de Inglaterra fixo instalar uns terreos de deporte nos arredores de Londres para a práctica de diferentes probas tales como lanzamento de martelo en trineo, lanzamento de barra e pa, así como xogos de pelota. Ao mesmo tempo, os mozos londinienses desafíanse a interminables carreiras a través da cidade.<ref>Robert Parienté et Alain Billouin, ''La Fabuleuse Histoire de l'Athlétisme'', París, Minerva 2003, páx.192, ISBN 2830707273</ref>
 
En [[1834]] un grupo de ingleses decidiron os mínimos esixibles para participar en determinadas probas. As primeiras reunións atléticas foron da man das universidades de [[Oxford]] e [[Cambridge]] ([[1864]]). O primeiro mitin nacional en [[Londres]] tivo lugar en [[1866]] e o primeiro mitin afeccionado en pista cuberta, celebrado nos [[Estados Unidos]] en [[1868]], o ano no cal se fundou o primeiro club de atletismo. Isto desatou o interese por este deporte tanto en [[Europa]] como [[América]].
 
Amodo o atletismo foi collendo protagonismo, en [[1896]] celebráronse os Xogos Olímpicos en [[Grecia]] impulsados polo [[Barón Pierre de Coubertin]], no [[Estadio Panathinaikó]] de 333 metros de pista,<ref>{{cita libro |apelidos=E. Martin |nome=David |apelidos2=Gynn |nome2=Roger W. H. |título=The Olympic marathon |url=http://books.google.cat/books?id=Qb125O62NVQC&pg=PA56&dq=stadium+333+meters&hl=ca&ei=CfRnTYPQDcaSswbl7KzgDA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CDQQ6AEwAg#v=onepage&q=stadium%20333%20meters&f=false |lingua=inglés |editorial=Human Kinetics |data=2000 |páxinas=p.56 |isbn=0880119691 }}</ref> e a partir de aquí cada 4 anos un país era o anfitrión dos Xogos, excepto en tempos de guerra.
 
Aínda así non foi ata os xogos de [[Estocolmo]], en [[1912]] que non se empezaron a cronometrar as carreiras; foi, por tanto, o primeiro momento no que se contaron as marcas, foi naqueles xogos cando [[Jim Thorpe]] gañou dúas medallas de ouro no [[pentatlon]] e no [[decatlon]], conseguindo a marca do mundo, seis meses despois retiráronselle as medallas e as marcas porque cobraba 25 [[Dólar estadounidense|dólares]] semanais xogando ao [[béisbol]], en [[1982]], unha vez xa morto, o [[Comité Olímpico Internacional]] entregou as medallas aos seus fillos e volvérono a inscribir no [[libro das Marcas]].
 
En [[1912]] fundouse a Federación Internacional de Atletismo Afeccionado ([[IAAF]]) con sede en [[Londres]]. Os fundadores foron 17 países, pero actualmente xa o integran 213.<ref>[http://www.iaaf.org/aboutiaaf/history/index.html Páxina oficial da IAAF]</ref>
 
En [[1976]] acordouse que todas as marcas e probas se indicaran de forma [[metro|métrica]] e evitar empregar a palabra [[milla]]. Actualmente isto aplícase a todas as probas excepto a de milla.
 
== Principais probas ==