Futurismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Liña 17:
O primeiro dos movementos de [[vangarda]] artística e o seu ''Manifesto'' de 1909 foron coñecidos en [[España]] ese mesmo ano grazas a [[Ramón Gómez de la Serna]] e a súa revista ''Prometeo'', inda que moitos dos que comentaron en España este movemento mencionaron un precedente catalán, o [[Futurisme]] de [[Gabriel Alomar]], que creou unha revista con ese título (''Futurisme'') en 1907.
 
Así a todo, nunca chegou a existir en España un futurismo articulado como tal, a diferenza do que ocorreu en Portugal. Sufriron a súa influencia pintores que marcharon a Italia, como o uruguaio [[Rafael Barradas]], [[Enric C. Ricart]] ou [[Rafael Sala]], e outros que non o fixeron, como [[Celso Lagar]], [[Antonio de Guezala]] ou [[Joan Sandalinas]]. En poesía tomaron algúns elementos desta estética os cataláns [[Josep Maria Junoy]], [[J. V. Foix]], [[Joaquim Folguera]], [[Sebastià Sánchez-Juan]], [[Bonaventura Vallespinosa i Salvat]] e sobre todo [[Joan Salvat-Papasseit]]; así mesmo, o [[Ultraísmo]] asumiu case tódolos seus postulados estéticos, deixándose ver o influxo futurista en libros como ''Hélices'' de [[Guillermo de Torre]]. Xa nos anos 20, toman algúns elementos do futurismo [[Ramón de Basterra]] na súa lírica e [[Ernesto Giménez Caballero]], un dos patrocinadores da visita a España (Barcelona, Madrid e Bilbao) de Marinetti, en 1928, se ben neses momentos os aspectos literarios tiñan menos que ver cós políticos, xa que a evolución ideolóxica do italiano cara ó [[fascismo]] era neses momentos similar á do creador de ''A[[La Gaceta Literaria]]''. En ''Ismos'' (1931) Ramón Gómez da Serna disertou sobre esta estética que procurara difundir en 1910.
 
==Véxase tamén==