Misery Signals: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-uct- > -ut-.
Liña 26:
En xaneiro do 2006 anunciaron que o seu vocalista Jesse Zaraska deixara o grupo para se centrar no seu proxecto, Sleeping Girl, con membros de Compromise. Substituíno Karl Schubach, co que comezaron a gravar o que sería o seu segundo disco ''Mirrors''. Karl afirmou que: "son un gran fan de Misery Signals. Cando a banda publicou un mp3 sen voces para as audicións, descargueino. Tendo o meu propio estudio, non foi ningún problema poñerlle as miñas voces só por diversión. Púxenllelo a algúns amigos para botar unhas risas pero non estaba convencido de enviarllo á banda".
 
Neste disco traballaron co produtor Ben Schigel, productorprodutor e vocalista de Switched, unha banda de Nu Metal de [[Ohio]], [[Cleveland]] ([[Chimaira]], Zao). Ryan Morgan dixo do novo material que: "é o noso material máis ''heavy'' pero á vez é máis atmosférico que o primeiro disco. A xente que estea nerviosa polo cambio de vocalista ou que pense que imos a meter voces limpas pósede relaxar. Karl ten unha voz monstruosa que os nosos fans xa valoraron da banda no pasado". Sobre o título do disco comenta que moitas das cancións lanzan preguntas sobre un mesmo e de como a xente percibe aos demais e as imaxes que representan ante eles.
 
O grupo participou no [[Warped Tour]] 2006 antes de comezar a súa primeira xira como cabezas de cartel.