Nouakchott: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
== Descrición ==
Nouakchott é a maior das cidades do [[Sahara]], se excluímos as cidades sitas nas beiras do Mediterráneo como o [[O Cairo]]. A gran seca de comezos dos anos [[1970]] contribuíu ao medramento explosivo da cidade, pois grandes masas de poboación se dirixiron cara a urbe en busca dunha vida mellor.
 
A dispoñibilidade de chan provocou que a cidade se expandise en superficie, sendo raros os edificios altos. Parte da poboación que se asentou nela eran nómades, o que aínda dificulta na actualidade o reconto dos seus residentes, pois esa porción aséntanse por un tempo e, cando os seus hábitos o requiren, levantan as tendas e marchan.