Esquimó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 66:
Tamén chamados [[pobo iupik de Siberia|iupik siberianos]], iupik do [[estreito de Bering]] ou '''yuit''', este último é o nome oficial que lles deu a [[Unión Soviética]] en 1931. Son pequenas poboacións que habitan nas costas da [[península de Chukchi]], no [[Extremo Oriente ruso]], distrito de [[Chukotka]]. Son 3 grupos:
 
* '''Chaplinos''': os chaplinos (ou ungazighmiistun) son o grupo iupik siberiano máis numeroso, habitan na costa siberiana do [[mar de Bering]], na [[illa de Wrangel]] e na [[illa San Lourenzo, Alaska|illa San Lourenzo]]. Falan o idioma[[lingua iupik centrosiberianode Siberia]] (ou yuit).
* '''Naucanos''': o pobo naucano (ou nuvuqaghmiistun) habita en [[Chukotka]], en asentamentos como [[Uelen]] e [[Providéniia]]. Son uns 400 habitantes, 70 dos cales falan aínda o [[Lingua naucana|naucano]].
* '''Sireniki''': os sireniki (ou uqeghllistun), cuxo idioma orixinal [[lingua sirenik|sirenik]] está extinto, habitan especialmente na localidade de Sireniki (Chukotka). Lingüisticamente a súa clasificación non se resolviu aínda,<ref>Vakhtin, Nikolai (2000): [http://linguistlist.org/pubs/books/get-book.cfm?BookID=938 The Old Sirinek Language: Texts, Lexicon, Grammatical Notes]</ref> pois uns os agrupan cos demais esquimó-siberianos e outros como unha póla esquimó á parte dos iupik e dos inuit. Considérase que teñen unha influencia cultural dos pobos [[chukchi]] dada a convivencia rexional; pero xeneticamente son achegados aos chaplinos.<ref name="Volodko"/>