Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 169:
O Imperio apelou a Occidente en busca de axuda, pero os diferentes Estados poñían como condición a reunificación da igrexa católica e a ortodoxa. A unidade das igrexas foi considerada, e ocasionalmente levada a cabo por decreto legal, pero os cidadáns ortodoxos non aceptarían o catolicismo romano. Algúns combatentes occidentais chegaron en auxilio de Bizancio, pero moitos preferiron deixar ao Imperio sucumbir, e non fixeron nada cando os otománs conquistaron os territorios restantes.
 
Constantinopla foi nun principio desestimada en pos da súa conquista debido ás súas poderosas defensas, pero coa chegada dos canóns, as murallas - que fora impenetrábeis excepto para a Cuarta Cruzada durante máis de 1.000 anos - xa non ofrecían a protección adecuada fronte aos turcos otománs. A [[Caída de Constantinopla]] finalmente produciuse logo dun sitio de dous meses levado a cabo por [[Mehmet II]] o [[29 de maio]] de [[1453]]. O último emperador bizantino, [[Constantino XI]] Paleólogo, foi visto por última vez cando entraba en combate coas tropas de [[xanízarosxanízaro]]s dos otománs, que superaban de xeito rotundo aos bizantinos. Mehmet II tamén conquistou [[Mistra]] en [[1460]] e [[Imperio de Trebisonda|Trebisonda]] en [[1461]].
 
== O mundo bizantino ==