Diferenzas entre revisións de «Historia do Exipto otomán»

m
Os continuos cambios de goberno parecen ter motivado que se perdese o control do exército xa a comezos do período de ocupación otomá e a principios do [[século XVII]] os motíns eran frecuentes: en [[1604]] o gobernador [[Ibrahim Pasha]] foi asasinado polos soldados e a súa cabeza foi colocada na [[Bab Zuwflla]]. Estes motíns motivábanse frecuentemente polas tentativas dos sucesivos paxás de pórlle fin á extorsión chamada ''[[tulbah]]'', un pagamento forzado que as tropas esixían para pagar débedas ficticias.
 
En [[1609]] estalou algo parecido a unha guerra civil entre o exército e o paxá, quen tiña ao seu lado algúns rexementos leais e os [[beduíno]]s. Os soldados chegaron mesmo a escoller un sultán e a repartírense provisoriamente as rexión do [[O Cairo|Cairo]]. Foron derrotados polo gobernador [[Mahommed Pasha]], quen, o [[5 de febreiro]] de [[1610]] entrou no Cairo en triunfo, executou os líderes da revolta e desterrou moitos outros para o [[Iemen]]. Para algúns historiadores isto foi como unha segunda conquista de Exipto polos otománs. Con efecto, Mahommed Pasha puxo en práctica unha reforma financeira que reaxustou as cargas impositivas sobre as diferentes comunidades.
 
Cos problemas que aflixían a metrópole, os gobernadores designados a partir de entón foron tratados polos exipcios con cada vez menor respecto. En [[1623]] a [[Sublime Porta|Porta]] destituíu o gobernador [[Mustafa Pasha]] e designou a [[Ali Pasha]] no seu sitio. Como este non aceptou entregarlles certas cantidades acostumadas aos dignatarios e encarcerou o líder da delegación que llo pedía, a guarnición de Alexandría rescatouno e forzou a Ali Pasha a embarcarse. Pouco despois Constantinopla confirmaba no seu cargo a Mustafa Pasha.
104.751

edicións