Igrexa ortodoxa copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos; cambios estética
Liña 39:
A nova relixión distinguiuse desde os seus inicios por unha intensa actividade intelectual. En [[Alexandría]], a cidade máis cosmopolita do Imperio Romano após roma, naceu arredor do [[190]] a Escola Teolóxica, a Didascalea, fundada por [[Pantaneo]]. Nesta, a primeira escola [[catequese|catequista]], explicaron [[Clemente de Alexandría]], [[Atanasio de Alexandría]], [[Atenágoras de Atenas]], [[Dídimo o Cego]], [[Pantera]] e o grande [[Oríxenes]], considerado o pai da [[teoloxía]]. [[Oríxenes]] foi autor tamén de comentarios (máis de 6000) e de estudos bíblicos comparados, A escola foi visitada por moitos eruditos, como [[San Xerome]]. Ademais de teoloxía explicábase ciencia, matemáticas e humanidades usando o método de pregunta e resposta e, quince séculos antes do [[Braille]], xa se usaban gravuras sobre madeira para ler e escribir.
 
(Co mesmo nome estableceuse unha facultade de teoloxía en Alexandría en 1893, con campus en Alexandría, [[O Cairo]], [[Nova Jersey]] e [[Os Ánxeles]], para seminaristas coptos.)
 
==== O monasticismo e o traballo misionario ====