Johann Sebastian Bach: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Órgano: Felix Mendelssohn
Liña 404:
Entrementes, xurdiron outras alentadas biografías. En [[1865]] Carl Heinrich Bitter publicou unha análise detallada e comprensiva da súa vida e obra, colocando na sombra o traballo de Forkel. Era, con todo, un ensaio de diletante, e foi á súa vez ensombrecido pola contribución fundamental de [[Philipp Spitta]], publicada entre [[1873]] e [[1880]], o primeiro estudo de perfil académico, que permanece ata hoxe como unha referencia, malia que, en moitos puntos está anticuado e idolatra a Bach como o modelo de todo o que a música debería ser. Mais foi o primeiro en introducir no seu estudo os aspectos filolóxicos, históricos, estéticos, teolóxicos e intelectuais, tentando, ata onde a mentalidade [[Romanticismo|romántica]] do seu tempo permitiu, colocar a obra do compositor alemán no seu correcto contexto histórico. En contrapartida, alimentou o mito de Bach como o músico supremo, transcendente e quintaesencial.<ref>{{Cita Harvard|Geck|2006|sp=si|pp=10-17}}</ref>
 
Outras forzas en acción durante o [[século XIX]] contribuíron na difusión e o enraizamento deses mitos. O Romanticismo, entre outras cousas, estimulou un redescubrimento da música de séculos pasados no contexto da formación do nacionalismo xermánico, atribuíndolle a Bach unha función política amais da cultural. Tamén o rexurdimento do [[Pietismo]] protestante tamén cobrou do músico, visto coma un [[místico]], unha participación, e os moitos compositores que foran influenciados pola súa obra fixeron lecturas persoais e subxectivas dela, de acordo coa tendencia romántica do culto ao xenio e ao individualismo e independentemente do avance dos estudos críticos, e deron nova circulación e interpretación a declaracións, moitas veces non documentadas, do propio compositor sobre o seu traballo e as súas intencións, co resultado de proliferar o folclore ao seu redor. Expresións extremas tornáronse comúns cando se falaba ao seu respecto. Beethoven dixo que o seu nome non debería ser ''Bach'', que en [[lingua alemá|alemán]] significa "regato", mais si ''Meer'', que significa "mar"; [[Richard Wagner|Wagner]] imaxinaba que Bach era a expresión do máis íntimo espírito xermánico e asociou a súa música a unha [[esfinxe]], ás esferas celestes e a un mundo anterior ao nacemento da humanidade; [[Brahms]] dixo que se toda a outra música do mundo se perdese el se entristecería, mais se se perdese a música de Bach sería inconsolable,<ref>{{Cita Harvard|Marissen|1998|sp=si|texto=Finscher, Ludwig. p. 1-6}}</ref> e o crítico William Apthorp declarou que non podía abrir un volume de música de Bach sen sentir un arrepío de terror supersticioso, pois ela aniquilaba a obra de todos os demais compositores.<ref>{{Cita Harvard|Apthorp|2009|sp=si|p=61}}</ref> As apreciacións poden ser extravagantes ao punto de ler a obra de Bach como un exemplo de [[Clasicismo]]. No final do século, Bach convertérase nun xigante aos ollos do mundo musical non só xermánico, e as súas obras para teclado, o fundamento de toda a arte pianística.<ref>{{Cita Harvard|Marissen|1998|sp=si|texto=Finscher, Ludwig. p. 8}}</ref><ref name="Orledge">[http://books.google.com/books?id=vkwm4NnRuA4C&pg=PA249 Orledge, p. 249]</ref> A súa influencia sobre outros compositores converteuse deste xeito en tan omnipresente que ningún outro músico podía tratar con el, sendo comparado con outros nomes inmortais da arte occidental como [[Shakespeare]] e [[Dante]].<ref>{{Cita Harvard|Apthorp|2009|sp=si|pp=59, 71}}</ref>
 
Co peche da edición crítica da Bach Gesellschaft, en [[1900]] fundouse a Neue Bach Gesellschaft (Nova Sociedade Bach), co obxectivo de iniciar a publicación dunha edición práctica. A sociedade tamén inaugurou a tradición dos Festivais Bach e iniciou a publicación dun anuario bachiano, o ''Bach Jahrbuch'', responsable da divulgación dunha enorme cantidade de ensaios críticos particularizados. Durante máis de trinta anos o anuario foi editado por [[Arnold Schering]], un grande estudoso de Bach, que fixo importantes contribucións persoais ao tema.<ref name="Geiringer, p. 340-341"/> Entre as biografías, en [[1905]] xurdiu a de [[Albert Schweitzer]], que introduciu unha nova abordaxe, enfocando principalmente aspectos estéticos, simbólicos e a asociación entre a súa música e imaxes pictóricas e poéticas, así como analizando o contido expresivo dos textos das súas cantatas e a súa tradución musical, e a interrelación entre as distintas artes do seu tempo. Esta biografía, cuxo título, ''J. S. Bach, Le Musicien-Poète'' (J. S. Bach, o músico-poeta), é indicativo das súas intencións, marcou unha época e sinalou unha reorientación nas pescudas, que pasaron a estudar os principios da teoría barroca da [[retórica]] musical a fin de comprender mellor as súas obras, o que constituíu unha conquista importante. O libro tamén tomou unha posición na polémica que daquela corría entre os avogados da chamada "música absoluta", desvinculada de programas extramusicais, e a música poética e expresiva, inclinándose a favor da última proposición, mais alertando de que tal dicotomía era prexudicial á apreciación da [[música barroca]].<ref>{{Cita Harvard|Geck|2006|sp=si|pp=18-22}}</ref><ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|pp=341-342}}</ref> Schweitzer tamén foi importante por ter sido o campión do ''Orgelbewegung'', un movemento que pretendeu rescatar a antiga tradición barroca de construción de órganos, influenciando a moderna tendencia de interpretacións historicamente correctas.<ref>{{Cita libro|apelidos=Joy|nome=Charles R|título=Music in the Life of Albert Schweitzer|lingua=en|lugar=London|editorial=A. & C. Black|ano=1953|páxinas=127-165}}</ref> Nesta época xa había diversos grupos e sociedades que se dedicaban ao estudo e execución da música de Bach en varios puntos de Europa,<ref>{{Cita libro|apelidos=Seaver|nome=George|título=Albert Schweitzer; The Man and His Mind|páxina=20|lingua=en|ano=1951|edición=4ª|lugar=Londres|editorial=A. & C. Black}}</ref> e en [[1928]] Charles Terry reexaminou toda a documentación biográfica dispoñible e publicou un colorido relato sobre a vida do compositor.<ref>{{Cita Harvard|Geiringer|1966|sp=si|p=342}}</ref>