Sexenio Democrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎República federal (1873): Primeira República Española
Sen resumo de edición
Liña 26:
Na crise tamén influíu a impopularidade da raíña [[Isabel II de España]] que se rodeaba por personaxes pintorescos (o seu confesor o pai Claret, sor Patrocinio, monxa milagreira con chagas ou estigmas, e amigos do rei consorte [[Francisco de Asís de Borbón]].
 
Dende [[1866]] os progresistas e a maioría dos moderados formaron o [[Pacto de Ostende]] contra a raíña Isabel. A estes políticos uníronse os demócratas e os unionistas (encabezados por [[Francisco Serrano Domínguez|Serrano]] tras a morte de [[Leopoldo O'Donnell|O'DonellDonnell]]).
 
Con esta situación estalou a revolución de 1868 oou [[A Gloriosa]], un pronunciamento militar dirixido por Topete, [[Joan Prim i Prats|Prim]] e Serrano, ao grito de "España con honra". Estes sublévanse contra a raíña o [[19 de setembro]]. Nas cidades as xuntas revolucionarias asumen o poder. A revolución esténdese rapidamente. Cando as tropas isabelinas son derrotadas na [[batalla de Alcolea]], o goberno dimite a Isabel II que abandona España marchando a [[Francia]] ([[29 de setembro]] de [[1868]]).
 
== A monarquía constitucional (1871 - 1873) ==
[[Ficheiro:Amadeo I Rey de España.jpg|miniatura|dereita|200px|[[Amadeo I de España]]]]
 
[[Amadeo I de España|Amadeo I]] ocupou o trono de España dende xaneiro de [[1871]] até febreiro de [[1873]]. Nestes anos tivo que enfrontarse a graves problemas dende a súa coroación. O primeiro destes graves problemas foi o asasinato de [[Joan Prim i Prats|Juan Prim]] o [[27 de decembro]] de [[1870]]. A desaparición deste facilitou a desunión da coalición gobernamental de unionistas, demócratas e progresistas.
 
A inestabilidade entre os partidos políticos gobernantes, púxose de manifesto nas eleccións xerais e nos seis gobernos que houbo durante este curto período de tempo. Ademais, existía unha oposición ao réxime de Amadeu por parte dos carlistas, que se levantaron en armas no ano [[1872]], os afonsinos, partidarios de que o fillo de [[Isabel II de España|Isabel II]], Afonso ([[Afonso XII]]), fora rei. Tamén os republicanos, protagonizaron sucesos armados en [[Andalucía]] e Cataluña, nas que se mesturaron reivindicacións como o repartimento das terras, e onde se manifestou a falta de apoio ao rei que tiña o nome de ''Macarronini I''.
 
Con esta situación , AmadeuAmadeo I deixa o seu cargo e proclámase a [[Primeira República Española]] ([[11 de febreiro]] de [[1873]]).
 
== A [[Primeira República Española]] (1873 - 1874) ==
Liña 45:
A república española nace sen apoio político e social. Os partidos republicanos carecen de seguidores. As clases populares comezan a inclinarse polos movementos obreiros. Os poderes fácticos (Igrexa, exército, banqueiros etc.) eran contrarios á república
 
O primeiro presidente da república foi [[Estanislao Figueras]] e tras a vitoria republicana nas eleccións, a maioría federalista entregou o poder a [[Francesc Pi i Margall]] que puxo en marcha o proxecto da Constitución federal de [[1873]]. Esta constitución establecía a separación entre Estado e Igrexa e un modelo de España a partir dunha federación de 15 (ou 17 con [[Cuba]] e [[Porto Rico]]). Os estados federais serían: [[Andalucía Alta]], [[Andalucía Baixa]], [[Aragón]], [[Castela a Vella]] ([[Castela e León]]), [[Castela a Nova]] ([[Castela-A Mancha]]), [[Cataluña]], [[Estremadura]], [[Galicia]], [[Murcia]], [[Navarra]], [[Comunidade Valenciana|Valencia]], [[Rexións Vascongadas]] ([[País Vasco]]). A estes estados engádenselle: [[Filipinas]], Fernando Poo, [[Annobón]] (sito no [[Golfo de Guinea]]) e [[Corisco]].
 
España vivía unha situación de permanente conflitividade social e política. As tensións sociais manifestábanse en forma de folgas obreiras, ocupación das terras obreiras e o cantonalismo. Tamén había conflitos militares que obstaculizaban a convivencia: Insurrección de Cuba e a [[segunda guerra carlista]] ([[1872]]).