Diferenzas entre revisións de «Mosquito»

(Dato repetido)
Ademais do seu papel como transmisores de enfermidades humanas e animais, os mosquitos teñen outras funcións nos ecosistemas, proporcionando certos servizos. Os machos adultos e as femias de moitas especies visitan as flores para alimentarse do seu néctar e así contribúen á [[polinización]].<ref name="Nature21072010">[http://www.nature.com/news/2010/100721/full/466432a.html Nature. 466, 432-434 (2010) ''Ecology: A world without mosquitoes''], Janet Fang.</ref> Son parte significativa dos ecosistemas das zonas húmidas, onde desenvolven un papel no ciclo do [[carbono]] e do [[nitróxeno]] ata o punto de seren considerados [[bioindicador]]es por algúns biólogos como Martina Schäfer<ref name=Schafer2004>Schäfer M (2004) ''[http://www.diva-portal.org/smash/get/diva2:165446/FULLTEXT01.pdf Mosquitoes as a part of wetland biodiversity]'' (http://www.diva-portal.org/smash/record.jsf?pid=diva2:165446 résumé]), PDF, 64 pages</ref> e Willott.<ref>Willott E (2004) ''Restoring nature, without mosquitoes ?'' Restoration Ecology, 12 : 147-153</ref> Contribúen á [[biodiversidade]] dos chamados [[punto quente|puntos quentes]] (lugares de maior diversidade de especies na Terra).<ref>Väisänen R & Heliövaara K (1994) ''Hot-spots of insect diversity in northern Europe''. Annales Zoologici Fennici 31:71-81</ref>
 
As larvas son parte do [[zooplancto]] de numerosas zonas húmidas,<ref>Batzer DP & Wissinger SA (1996) ''Ecology of insect comm unities in nontidal wetlands''. Annual. Review of Entomology 41:75-100. </ref> mais con características diferentes ás doutros dípteros.<ref>Beaver J Miller-Lemke AM & Acton JK (1999) ''Midsummer zooplankton assemblages in four types of wetlands in the Upper Midwest, USA''. Hydrobiologia 380:209-220</ref> As larvas e os adultos son unha fonte de nutrición de numerosos depredadores (insectos, peixes, anfibios, lagartixas[[lagarta]]s, aves). Transfiren biomasa dos ambientes acuáticos á tierra.<ref name="Nature21072010"/><ref name="La Salamandre page 24">''Moustique, ennemi public'', revista [[La Salamandre]], número 199, agosto 2010, p. 24.</ref> Algunhas larvas constitúen unha parte importante da biomasa de ecosistemas acuáticos, alimentándose de microorganismos e refugallos orgánicos, purificando así a auga.<ref name="La Salamandre page 24"/> Participan na purificación de augas estancadas e os seus cadáveres e desperdicios achegan nitróxeno como [[fertilizante]] de plantas.<ref name="Nature21072010"/>
 
== Notas ==
32.647

edicións