Mosquito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Desenvolvemento: Traduzo de es.wiki
Liña 28:
O mosquito pasa por catro fases distintas no seu ciclo vital: ovo, larva, pupa e adulto. O tamaño que alcance nas tres primeiras etapas depende do seu especie e da temperatura. Por exemplo, ''[[Culex tarsalis]]'' pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20 °C e en só dez días a 25 °C. Algunhas especies teñen ciclos vitais de apenas catro días ou de até un mes.
{{Commons|Mosquito|mosquito}}
 
== Alimentación ==
Na maioría dos mosquitos femia as pezas bucais forman unha longa [[probóscide]] preparada para perforar a pel dos [[mamífero]]s (ou nalgúns casos de [[aves]], [[réptil]]es ou [[anfibio]]s) para succionaren o seu [[sangue]].<ref name="Entomología">Bastidas, Rodolfo y Zavala, Yanet. 1995. ''Principios de Entomología Agrícola''. Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5</ref> As femias requiren a achega que constitúe o sangue para poder iniciar o ciclo gonotrófico e poderen facer así unha posta de ovos. A dieta dos machos consiste en [[néctar]], [[zume (botánica)|saiba]] e zumes de [[froita]]s, xeralmente ricos en [[azucre]]. Os órganos bucais dos machos difiren dos das femias en que están inhabilitados para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, ''[[Toxorhynchites]]'', non inxiren sangue e as súas larvas son predadoras doutras larvas de mosquitos. O comportamento picador destas especies é moi variable habendo especies que pican preferentemente as aves e outras os mamíferos con toda unha gradación intermedia.
 
== Desenvolvemento ==