Soneto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Almaffi (conversa | contribucións)
Uso na literatura galega
Liña 1:
[[Ficheiro:SonetoGFDL1.jpg|dereita|miniatura|Soneto.]]
 
Un '''soneto''' é un subxénero da lírica consistente nunha composición poética de catorce [[verso]]s [[hendecasílabo]]s (de once [[sílaba]]s), dispostos en dous [[cuarteto]]s e dous [[terceto]]s. Pode ter rima abba abba cdc dcd, abba abba cde cde, abba abba cde edc ([[soneto italiano]])<ref name="Encyclopaedia Britannica">[https://www.britannica.com/art/sonnet Encyclopaedia Britannica]</ref>, abba abba ccccd dedeeed, abba abba cdcdcdc eeede ([[soneto francés]]) ou abab cdcd efef gg ([[soneto inglés]], cuxas dúas primeiras estrofas son [[serventesio]]s)<ref name="Encyclopaedia Britannica"/>.
 
[[Francesco Petrarca]]<ref>[https://www.britannica.com/biography/Petrarch Encyclopaedia Britannica.]</ref> foi o máis famoso autor de sonetos.
 
==Uso na Literatura Galega==
==Exemplos==
Coma estrutura poética culta o soneto ten sido empregado por diversos autores. Xa [[Manuel Curros Enríquez]] no seu poemario [[Aires da miña Terra]], publicado no [[1880]], empregaba os sonetos de rima tradicional: abba abba cdc dcd. Coma exemplo citar os sonetos ''Pelegrinos, a Roma'', ''Diante unha imaxe de Íñigo de Loyola'' ou ''A Luciano Puga''.
Porén foi [[Ramón Cabanillas]] quen máis traballou este estrutura. No seu poemario, [[Da Terra asoballada]], podemos atopar sonetos con rima tradicional abba abba cde cde, por exemplo os sonetos ''O noso señor Santiago'' e ''¡Pondal!''. Porén tamén hai exemplos de soneto francés con rima abba abba cdc ede, coma os poemas: ''A Rosalía de Castro'', ''A Brañas''. Ou soneto francés en rima abba abba ccd eed, coma o poema ''A Don Manuel Murguía''.
==Outros Exemplos==
* [[Guido Cavalcanti]], L’anima mia vilment’ è sbigotita.
* [[Dante Alighieri]], A ciascun’alma presa e gentil core.