Crocodilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
}}
 
'''Crocodilo''' pode ser calquera das 13 ou 14 especies existentes (e outras fósiles) dos [[réptil]]es da familia '''''Crocodylidae''''' (crocodílidos). O termo tamén é usado ás veces sensu lato para incluír todos os membros da orde ''[[Crocodilia]]''. Discútese se o xénero ''[[Tomistoma]]'' pertence a Crododylidae ou a [[Gavialidae]]. O maior réptil hoxe na face da terra pertence a esta familia e é o [[crocodilo de auga salgada]], que se encontra desde a India a Australia.
 
As diferenzas externas máis obvias entre os crocodilos e os [[aligátor]]es son visibles na cabeza. Os crocodilos teñen cabezas máis estreitas e máis longas, e os morros teñen máis forma de V que de U. A mandíbula superior do aligátor é máis ancha que a inferior, e os dentes da mandíbula inferior encaixan en pequenas depresións da mandíbula superior. As mandíbulas superior e inferior dos crocodilos son da mesma anchura, e os dentes da mandíbula inferior quedan ao bordo ou pola parte externa da mandíbula superior cando pechan a boca. Nos crocodilos, cando pechan a boca o longo cuarto dente da mandíbula inferior encaixa nunha amosega da parte externa da mandíbula superior, polo que é moi visible.<ref>{{cite web|url=http://www.flmnh.ufl.edu/cnhc/cbd-faq-q1.htm |title=Crocodilian Biology Database - FAQ - What's the difference between a crocodile and an alligator |publisher=Flmnh.ufl.edu |accessdate=5 April 2009}}</ref> Os crocodilos teñen dedos máis palmados nos pés traseiros e poden tolerar mellor a auga salgada, xa que teñen [[glándula do sol|glándulas do sal]] especializadas, que están preentes pero non son funcionais nos aligátores. Os crocodilos son os máis agresivos dentro dos crocodilianos.<ref name="Guggisberg">{{cite book | author = Guggisberg, C.A.W. |url = | title = Crocodiles: Their Natural History, Folklore, and Conservation| year = 1972 | page = 195 | isbn = 0-7153-5272-5 | publisher = David & Charles | location = Newton Abbot}}</ref> Diferéncianse da familia dos gaviálidos por teren un fociño máis ancho.
 
== Etimoloxía ==