Balcáns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Corretixo
Liña 7:
 
== O sueste de Europa ==
A causa das connotacións negtivasnegativas do termo "Balcáns" (debido ás [[guerras iugoslavas|guerras dos Balcáns]] do [[século XX]]), frecuentemente úsase o termo '''Sueste de Europa'''. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da [[Unión Europea]] do ano [[1999]] denominada ''[[Pacto de estabilidade para o Sueste de Europa]]'', e o [[xornal|diario electrónico]] ''Balkan Times'' cambiou o ano [[2003]] o seu nome polo de ''Southeast European Times''.
 
O uso deste termo para designar a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de [[Romanía]] e [[Ucraína]], que tamén están situades no sueste do continente europeo.