Laocoonte e os seus fillos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Bibliografía: corrixo títulos e elimino marcador
m →‎Estudo da obra: reordeno parágrafo
Liña 77:
Autores como [[Johann Joachim Winckelmann]], [[Johann Wolfgang von Goethe]] e [[Gotthold Ephraim Lessing]] realizaron ensaios sobre o grupo escultórico.
 
[[Winckelmann]], na primeira edición da súa ''Historia da arte na antigüidade'', de [[1764]], analiza, entre moitas outras obras, o grupo de Laocoonte, e sinala que a figura do fillo máis grande tivo que ser executada por separado. Describe a Laocoonte como un espectáculo da natureza humana sometida á maior dor de que é capaz de soportar. Esta dor incha os seus músculos e pon en tensión os seus nervios, pero na súa fronte vese a serenidade do seu espírito. O seu peito elévase para tratar de conter a dor e a través do ventre comprimido pódese ver o movemento das súas vísceras. Os seus fillos mírano pedíndolle axuda e el manifesta a súa tenrura paternal na súa mirada tenra duns ollos que se dirixen cara ao ceo implorando axuda dos deuses. A abertura da súa boca ten un movemento que expresa [[ataraxia]] e indignación pola idea dun castigo inmerecido.
 
Describe a Laocoonte como un espectáculo da natureza humana sometida á maior dor de que é capaz de soportar. Esta dor incha os seus músculos e pon en tensión os seus nervios, pero na súa fronte vese a serenidade do seu espírito. O seu peito elévase para tratar de conter a dor e a través do ventre comprimido pódese ver o movemento das súas vísceras. Os seus fillos mírano pedíndolle axuda e el manifesta a súa tenrura paternal na súa mirada tenra duns ollos que se dirixen cara ao ceo implorando axuda dos deuses. A abertura da súa boca ten un movemento que expresa [[ataraxia]] e indignación pola idea dun castigo inmerecido.
 
[[Gotthold Ephraim Lessing|Lessing]], na súa obra de crítica estética de [[1766]] ''Laocoonte ou sobre os límites na pintura e poesía'', explica que "a escultura e a pintura fanse con figuras e cores no espazo" e "a poesía con sons artellados no tempo".<ref>Enciclopedia Universal Sopena (1967).</ref>
Liña 91 ⟶ 89:
|}
 
[[Goethe]] escribiu o seu artigo ''Sobre Laocoonte'' en [[1798]], onde pon de manifesto que os artistas desposuíron a Laocoonte do seu sacerdocio e das súas referencias [[mitoloxía|mitolóxicas]] e convertérono nun pai normal con dous fillos ameazados por dous [[animal|animais]]. Destaca a sensación de movemento que produce o grupo, que parece mudar de posición se o espectador abre e pecha os ollos alternativamente. Tamén eloxia o intre elixido polos artistas como de interese máximo: cando un dos corpos está tan aprisionado que fica indefenso, o segundo é ferido e está en condicións de defenderse e ao terceiro aínda lle queda a esperanza de fuxir.
 
Tamén eloxia o intre elixido polos artistas como de interese máximo: cando un dos corpos está tan aprisionado que fica indefenso, o segundo é ferido e está en condicións de defenderse e ao terceiro aínda lle queda a esperanza de fuxir.
 
O pai está representado nunha posición na que reacciona no mesmo intre no que é mordido na cadeira por unha das serpes: despraza o corpo cara ao lado oposto, contrae o ventre, ergue o peito, bota o ombreiro cara adiante e inclina a cabeza cara ao lado ferido. Os pés están inmobilizados e os brazos en posición de loita, ofrecendo unha gran resistencia que con todo non parece ser efectiva. Trátase dun home forte pero que pola súa idade non se acha na súa plenitude de forzas e por tanto non é moi capaz de soportar a dor.