Diferenzas entre revisións de «Jacobo Varela de Limia»

m
+ imaxe
m (+ imaxe)
m (+ imaxe)
== Traxectoria ==
Estudou Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e doutorouse na [[Universidade de Madrid]]. Exerceu a avogacía en [[Santiago de Compostela]] e foi concelleiro. Foi director de ''[[Diario de Galicia (Compostela)|Diario de Galicia]]'' e ''[[El Ideal Gallego]]'', posto que abandonou para ser catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Impulsou numerosos sindicatos agrícolas confesionais e fundou a Federación Católica Agraria da [[diocese de Santiago de Compostela]], da que foi presidente. Desempeñou o cargo de tesoureiro da Confederación Nacional Católica Agraria en Madrid (1921-1924). Vinculado ao [[Antonio Maura|maurismo]], na [[ditadura de Primo de Rivera]] foi [[gobernador civil]] de [[Provincia de Lugo|Lugo]] (1923-1926). Presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias e o matadoiro do Porriño. Adscribiuse ao grupo da Democracia Cristiá e ao secretariado de Galicia en Madrid. Publicou en 1918 o folleto rexionalista conservador ''Orientaciones regionalistas'' e presentou o relatorio "La cooperación en la producción" no I Congreso Nacional Cerealista de Valladolid (1926).
[[Ficheiro:José Toubes e Jacobo Varela de Limia 1920.jpg|miniatura|175px|[[José Toubes]] e Jacobo Varela de Limia, 1920.]]
 
== Obras ==
94.703

edicións