Sínodo de Whitby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado referencia
m corrixo ligazón
Liña 10:
Segundo Beda (partidario de Roma), Oswiu preguntaría aos monxes romanos -do anglosaxón Wilfrid, monxe de [[Abadía de Ripon|Ripon]], que chegaría a ser bispo de [[York]]<ref>López Amat, Alfredo; op. cit., páxina 113.</ref>- que títulos alegaban para afirmar a súa superioridade xerárquica sobre os monxes irlandeses, ante o cal eles citarían o texto bíblico de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] 16:18-19 ["... ''Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa ... Eu dareiche as chaves do reino dos ceos: todo o que ates na terra será atado no ceo, e o que desates na terra será desatado nos ceos''."] engadindo que [[Pedro, papa|Pedro]] chegara logo a ser [[Papa|Bispo de Roma]], e que máis tarde tamén nomeara aos futuros bispos desa cidade como os seus sucesores e únicos herdeiros, e finalmente, que o bispo de Roma enviáraos a eles. Tamén argumentaron que contaban co apoio de Roma, de Italia, Galia, Hispania e África<ref name=":0" /><ref>{{Cita libro|título=The Lives of the Saints. With introduction and additional Lives of English martyrs, Cornish, Scottish, and Welsh saints, and a full index to the entire work|apelidos=Baring-Gould|nome=Sabine|editorial=Grant|ano=1914|ISBN=|lugar=Edimburgh|páxina=70|ref=}}</ref>, mentres que os da igrexa céltica só tiñan o apoio das dúas illas e nin sequera na súa totalidade.
 
Fronte a estas argumentacións, Oswiu preguntaría aos monxes irlandeses, encabezados por [[ColmanColmán de Lindisfarne]], se eles podían reclamar tamén para si mesmos semellantes poderes, ao que eles, por suposto, replicaron negativamente. Daquela, o rei reflexionou no sentido en que cómpríalle máis axeonllarse fronte a poderosa Igrexa de Roma que fronte aos humildes mosteiros irlandeses, porque de facer o contrario, ao morrer e chegar ao ceo podería atopar as portas pechadas por quen tiña as chaves do mesmo.
 
== Consecuencias ==