Thakazhi Sivasankara Pillai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 6:
Naceu nunha aldea do distrito de Alappuzha en [[Kerala]]. Comezou a escribir historias mentres aínda era estudante e na súa formación foi decisivo o encontro co escritor [[Kainikkara Kumara Pillai]] (1900-1988), que era director do seu instituto e que lle deu a coñecer a literatura india. Estudou dereito e alí entrou en contacto con Balakrishna Pillai, fundamental para afondar na literatura e pensamento europeo moderno.
 
A súa novela ''Thottiyude Makan'' (1947) considérase un traballo pioneiro na novela realista malaialam, retrata tres xeracións dunha familia clase traballadora que viven en Alleppey como recicladores e constitúe unha crítica ao sistema de castas e os confitos sociais que se desenvolven no seo da sociedade. ''Randidangazhi'' (1948) é unha novela política na que critica os males do sistema feudal que prevalecía en Kerala, especialmente na rexión de Kuttanad. O propio autor escribiu o guión da versión cinematográfica que realizou P. Subramaniam en 1958.<ref>B. Vijayakumar. (2 August 2008). </ref>. ''Chemmeen'' (1956), supuxo un cambio de rexistro, arredándose do realismo das súas primeiras novelas e coñeceu unha gran popularidade. É unha historia de amor tráxica nunha aldea de pescadores en Alappuzha entre un mozo musulmán e unha rapaza hinduísta. A obra, e a súa adaptación cinematográfica realizada en 1965, outorgoulle recoñecemento nacional e internacional, traducíndose a 19 linguas mentres que o filme se exhibiu en 15 países. Así e todo, a súa obra mestra é ''Kayar'' (1978), unha novela monumental, con máis de 1000 páxinas e centos de personaxes nunha historia que transcorre ao longo de catro xeracións (1885-1971) . Outra das súas grandes obras é ''Enippadikal'' (1964), na que traza a carreira dun ambicioso burócrata cun forte desexo de poder e posición que se transforma na súa propia ruína, a obra constitúe unha historia social deda Kerala que viviu o autor <ref>Thomas Welbourne Clark (1970) ''The Novel in India: Its Birth and Development'' University of London. , p. 224</ref>.
 
== Notas ==