Contaminación do medio hídrico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-tifoidea +tifoide)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32:
=== Enfermidades por vectores relacionados coa auga ===
[[Ficheiro:Aedes_albopictus_on_human_skin.jpg|miniatura|dereita|[[Aedes Aegypty]], vector da [[febre amarela]]]]
Existen enfermidades cuxos [[vector epidemiolóxico|vectores]] se relacionan coa auga. Os vectores son os [[insecto]]s ([[mosquito]]s, [[mosca]]s) e outros animais que poden transmitir infeccións e que crían ou viven cerca de augas contaminadas ou limpas. Entre ditas enfermidades encóntrase o [[paludismo]], a [[febre amarela]], o [[Dengue (enfermidade)|dengue]], a [[enfermidade do sono]] e a [[filaríase]]. Para previr estes males, é preciso eliminar os insectos que os orixinan, pero hai que ter coidado co tipo de [[insecticida|praguicida]] que se empregue, porque se poden contaminar as fontes de auga e producir riscos á vida humana. É importante empregar métodos biolóxicos de control como depredadores naturais, evitar a presenza de charcos e durmir baixo mosquiteiros.
 
A incidencia de enfermidades transmitidas por vectores parece estar aumentando debido á resistencia dos mosquitos ó [[DDT]], o insecticida de maior uso, e ós cambios ambientais, que crean novos lugares de cría. Ó parecer, a migración, o [[cambio climático]] e a creación de novos hábitats provocan que menos xente desenvolva [[inmunidade (medicina)|inmunidade]] natural a estas enfermidades.