Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
{{Sen notas}}
{{Wikificar}}
{{Título en cursiva}}'''''Luzes de Galiza''''' é unha revista cultural galega publicada entre [[1985]] e [[1997]] e retomada no ano [[2013]]. Nun principio tiña unha saída trimestral, mais a partir de [[1997]] converteuse en anual, aínda que cunha periodicidade moi irregular. Na actualidade, ten un carácter mensual, coa excepción do número 8,<ref>[http://www.revistaluzes.com/numero/08 Número 8]</ref> que liga os meses de xullo e agosto nunha mesma publicación.
 
== Traxectoria e características ==
Liña 17:
Na súa orixe é visible o espírito renovador e novo da revista, na que priman os traballos dos membros das xeracións máis novas de escritores e artistas por enriba das anteriores, de maior experiencia. O papel clave da xuventude en ''Luzes'' determina o carácter da publicación no inicio, marcadamente progresista, vangardista, cosmopolita e nacionalista. Nela introdúcense con frecuencia elementos da cultura europea e do mundo cultural luso, polo menos no seu comezo, tanto no caso de artigos como de entrevistas.
 
Desapareceu en 1997. En [[2004]] apareceu ''Luces'' como nome do suplemento cultural semanal da edición do xornal [[El País]] en Galicia. En 2013 apareceu a revista mensual, [http://revistaluzes.com/ Luzes], dirixida por [[Manuel Rivas]] e [[Xosé Manuel Pereiro]], cun proxecto empresarial e profesional independente das outras dúas cabeceiras.
Tras a súa desaparición en 1997, non é retomada a actividade até o ano 2013, cando a revista é relanzada da man novamente de Manuel Rivas, que exerce de director xunto a Xosé Manuel Pereiro. O coordinador neste novo proxecto é Iago Martínez, que no número 0 define a revista como «prototipo co que se está a testar todo, desde os materiais á organización dos contidos. Será unha revista de información xeral, cunha importante sección de cultura que responde ao título de “República”». A nova ''Luzes de Galiza'' conta cun consello de redacción no que cabe sinalar figuras como Tati Mancebo, Manuel M. Barreiro, María Yáñez, Juán Janeiro, Antón Lado ou Julio Gómez. Os puntos de venta, ademais de abranguer as catro provincias galegas, están situados tamén nas cidades de Madrid e Barcelona, permitindo promocionar a actividade cultural galega máis alá das fronteiras da comunidade. Os seus ideais quedan recollidos no seu manifesto.<ref>[http://www.revistaluzes.com/quen-somos/manifesto Manifesto].</ref>
 
== Significado e orixe do nome ==