Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4450381 de Unhanova (conversa)
Liña 6:
Estimulado por un contexto de prosperidade inédito desde o comezo da [[Idade Media]], nos planos [[Demografía|demográfico]] e [[Economía|económico]], pero tamén por un período de ''renacemento político'' e pola [[Gregorio VII|reforma gregoriana]], a cristiandade viu unha profunda mutación da súas estruturas culturais. O [[Mosteiro|mundo monástico]] céntrase na función meditativa, o que aproveitan as escolas urbanas que floreceron nas grandes cidades, comezando por [[París]], sobre todo grazas á [[abadía de San Vítor]], pero tamén en [[Chartres]] ou en [[Boloña]]. As disciplinas intelectuais así dinamizadas, e nutridas polo impulso das traducións latinas do século XII, desde o grego e o árabe en [[España]] e en [[Italia]], que difunden de novo textos de [[Aristóteles]], e os dos seus comentaristas musulmáns. De aí xorde un gusto novo polas [[Quadrivium|disciplinas científicas]], pola [[dialéctica]], o nacemento da [[teoloxía dogmática]] e da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], e aínda da recuperación do [[Dereito|dereito romano]] e da [[medicina]] nas rexións [[Mediterráneo|mediterráneas]].
 
Século da aparición dunha verdadeira clase de "[[intelectual|intelectuais]]", en palabras de [[Jacques Le Goff]], como [[Pedro Abelardo]], coñecido polos seus amores con EloísaHeloísa e pola virulencia do seu conflito con [[Bernardo de Claraval|San Bernardo]], ou como [[Jean de Salisbury]] ou [[Pedro Lombardo]]; século dun novo [[Humanismo renacentista|humanismo]] baseado na renovación da cultura antiga seguindo o adaxio de [[Bernardo de Chartres]] ("ananos nas costas de xigantes"); século de eclosión dunha cultura de corte e da literatura cortesán, o século XII prepara a madureza cultural do século seguinte, que se revelará no cadro das universidades medievais.
 
Tales cambios tendían a cuestionar a vella orde agraria e rural do [[feudalismo]] como consecuencia da irrupción dun novo axente económico e social: a [[burguesía]] mercantil e artesanal das rexurdintes [[cidade]]s. Incluía unha revitalización intelectual de Europa con fortes raíces [[filosofía|filosóficas]] e [[científica]]s, que iniciaron o camiño aos posteriores logros literarios e artísticos da [[Idade Media]] final e dos inicios da [[Idade Moderna]]: o [[Humanismo renacentista|Humanismo]] e o [[Renacemento]] dos [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]] (ou [[Renacemento]] propiamente dito) e a [[revolución científica]] do [[século XVI]].
Liña 124:
 
En materias teolóxicas, a principal innovación foi a recepción de numerosas ideas foráneas. Entre elas, [[Occidente]] empezou a prestar atención a [[Aristóteles]], ben sexa lendo directamente o orixinal grego, ben a través dos comentarios dos musulmáns [[Avicena]] e [[Averroes]].
[[Ficheiro:Les Amours d'Héloïse et d'Abeilard.jpg|miniatura|200px|[[Abelardo]] e EloísaHeloísa, <small>a súa discípula, sorprendidos por Fulberto. <br>Pintura titulada ''Les Amours d'Héloïse et d'Abeilard'', do artista [[Jean Vignaud]].</small>]]
[[Ficheiro:Francisco Ribalta 001.jpg|dereita|200px|miniatura|''Cristo abrazado a san Bernardo'' ([[Bernardo de Claraval]]), <br><small>pintura de [[Francisco Ribalta]], obra capital do misticismo español.</small>]]