Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 131:
Aínda así, o platonismo inherente ás doutrinas agostiñanas foi posto en dúbida, en beneficio de posturas que poderían cualificarse de [[realismo|realismo moderado]]. O principal defensor delas foi [[Pedro Abelardo]], teólogo que ensinou na universidade de París, e que se viu envolto nunha dura trifulca (chamada a [[querela dos universais]]) con [[Bernardo de Claraval]], sostedor do [[realismo|realismo extremo]], quen o fixo condenar como herexe e obrigouno á retractación. Pedro Abelardo é un representante dos novos tempos, ao atreverse a cuestionar, aínda que timidamente, algunhas verdades esenciais da teoloxía cristiá.<ref>Pierre Abélard, ''Sic et Non'', 1122, ed. Boyer et McKeon, 1976.</ref><ref>Pierre Abélard, ''Logica Ingredientibus'', ed. B. Geyer, I, 1919: ''Contre le réalisme des universaux'', páxs. 10-16.</ref><ref>Pierre Abélard, ''Éthique, ou Connais-toi toi-même'' (contra 1139), trad. Maurice de Gandillac, in ''Conférences. Dialogue d'un philosophe avec un juif et un chrétien, suivi de Connais-toi toi-même''. Cerf, 1993, páx. 223.</ref>
 
O mencionado [[Bernardo de Claraval]] era o máis destacado defensor do ''status quo'' medieval fronte aos cambios sociais do seu tempo. Fundador dun gran número de mosteiros ao longo da primeira metade do século XII, ademais de participar activamente en política (incluíndo a prédica da [[Segunda Cruzada]] e alección dos papas). De liñaxe aristocrática, vía con reticencia toda innovación, tamén a vida urbana e cidadá. Os seus mosteiros, a [[Orde do Císter]], transformáronse nun referente ineludíbel para afianzar a unidade cristiá, nunha época en que os propios cristiáns dos burgos empezaban a cuestionar seriamente a Igrexa.<ref>Marcel Pacaut, ''Les moines blancs. Histoire de l'ordre de Cîteaux''. Fayard, 1993.</ref><ref name="Paul Benoit 2008">Paul Benoit, "Naissance et développement de l'ordre", en ''Histoire et Images médiévales'', n°12 (thématique), "Les cisterciens", febreiro-marzo-abril de 2008.</ref> Durante toda a súa vida guíase pola defensa da orde cisterciense. Encóntrase en todas as frontes e a súa vida é rica en paradoxos: proclama o seu desexo de retirarse do mundo e, porén, non deixa de mesturarse nos asuntos do mundo. De bo grao imparte leccións, pero, seguro da superioridade do espírito cisterciense, abruma cos seus reproches aos seus irmáns cluniacenses.<ref>En 1125 publica a súa ''Apologia'', onde contrapón as doutrinas cisterciense e cluniacense, e arruína aos seus adversarios.</ref> Ten moi duras palabras para fustrigar aosos clérigos e aosos prelados que sucumben ás riquezas materiais e ao luxo. Non desdeña a picardía, a astucia, a mala fe ou as inxurias para abater aoo seu adversario —o teólogo [[Pedro Abelardo]] sufriu en persoa esta dura experiencia—<ref>En particular, con ocasión do concilio de Sens do 2 e 3 de xuño de 1140</ref>. Viuse no [[Languedoc]] intentando frear os progresos da [[herexía]]. Percorre Francia e Alemaña, mobilizando ásas multidumes tras a predicación de [[Vézelay]], o 31 de marzo de [[1146]], para lanzar a [[Segunda Cruzada]]. Intervén na designación dos papas, cuxa causa consigue facer triunfar: [[Inocencio II]] contra [[Anacleto II (antipapa)|Anacleto II]], e chega mesmo a dar leccións aos [[papa|soberanos pontífices]].<ref>Boitel, Philippe, "Voyage dans la France cistercienne", ''La Vie'', Hors-série, n°3, xuño de 1998, páx. 14.</ref>
 
O Císter non logrou, de todos os xeitos, conter estes cuestionamentos, que cristalizaron nunha serie de [[herexía]]s,<ref name="Paul Benoit 2008"/> as primeiras desde a época de Santo Agostiño en Occidente. As máis perigosas para a Igrexa Católica foron as dos [[valdenses]] e a dos [[cátaros]], que creceron especialmente no sur de Francia, e que foron reprimidas coa chamada [[Cruzada Albixense]] ([[1209]]-[[1244]]).
 
Porén, este labor represor (que levou á fundación da [[Inquisición]]) viuse complementadacomplementado pola apertura da Igrexa cara ás novas correntes espirituais para as xentes dos burgos, especialmente por obra de [[San Francisco de Asís]].
 
== Consecuencias ==