Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 117:
Estes cambios na enxeñaría e a arquitectura, ían da man cos cambios económicos e sociais. A arte románica fora desenvolvida fundamentalmente ao servizo dos reis e da Igrexa Católica, mentres que a arte gótica desenvolveuse en boa medida ao servizo dos burgos. A carreira por adornar os burgos cos máis belos edificios empezara a finais do románico, e un dos maiores expoñentes desta tendencia é o chamado [[Campo dei Miracoli]], en [[Pisa]], cuxos compoñentes máis relevantes son as famosas [[Pisa|Catedral de Pisa]] e a [[Torre de Pisa]].
 
Pero a explosión desta tendencia coincidiu co despuntar do gótico. Iniciada a moda das catedrais góticas, cada burgo pretendeu ter unha máis grande que as demais, e de aí que, andando o tempo, se irían construíndo catedrais cada vez maiores. Ter unha gran catedral non só implicaba facer votos de relixiosidade, senón tamén dar aos burgos veciños unha mostra do seu propio poderío económico, investindo nun edificio grande e solemne que lles deradese prestixio.
 
=== Cambios relixiosos ===
Liña 127:
[[Ficheiro:Francisco Ribalta 001.jpg|dereita|200px|miniatura|''Cristo abrazado a san Bernardo'' ([[Bernardo de Claraval]]), <br><small>pintura de [[Francisco Ribalta]], obra capital do misticismo español.</small>]]
 
Até o momento, a teoloxía cristiá estaba baseada nas ideas [[platonismo|platónicas]] que adoptara e adaptara [[Agostiño de Hipona]], no [[século V]]. Aristóteles era incómodo porque plantexabaformulaba cuestións radicalmente opostas ao catolicismo (por exemplo, que o mundo é eterno e increado, o que choca co dogma da creación "''ex nihilo''" ("da nada") expresado no [[Biblia|libro da Xénese]]). A simbiose entre a teoloxía cristiá e o [[aristotelismo]] non chegaría senón até o [[século XIII]], da man de [[San Tomé de Aquino]].
 
Aínda así, o platonismo inherente ás doutrinas agostiñanas foi posto en dúbida, en beneficio de posturas que poderían cualificarse de [[realismo|realismo moderado]]. O principal defensor delas foi [[Pedro Abelardo]], teólogo que ensinou na universidade de París, e que se viu envolvido nunha dura trifulca (chamada a [[querela dos universais]]) con [[Bernardo de Claraval]], sostedor do [[realismo|realismo extremo]], quen lle fixo condenar como herexe e obligouno á retractación. Pedro Abelardo é un representante dos novos tempos, ao atreverse a cuestionar, aínda que timidamente, algunhas verdades esenciais da teoloxía cristiá.<ref>Pierre Abélard, ''Sic et Non'', 1122, ed. Boyer et McKeon, 1976.</ref><ref>Pierre Abélard, ''Logica Ingredientibus'', ed. B. Geyer, I, 1919: ''Contre le réalisme des universaux'', páxs. 10-16.</ref><ref>Pierre Abélard, ''Éthique, ou Connais-toi toi-même'' (contra 1139), trad. Maurice de Gandillac, in ''Conférences. Dialogue d'un philosophe avec un juif et un chrétien, suivi de Connais-toi toi-même''. Cerf, 1993, páx. 223.</ref>