Renacemento do século XII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4399069 de Aprofa (conversa)
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O '''Renacemento do século XII''' (tamén chamado '''revolución do século XII''') é un período no que ocorreron unha serie de cambios económicos, sociais, políticos, ideolóxicos e culturais que sucederon en [[Europa]] durante o [[século XII]], posto en evidencia polos traballos dos [[historia]]dores [[Charles H. Haskins]], [[Jacques Le Goff]] ou mesmo [[Jacques Verger]].
 
Estimulado por un contexto de prosperidade inédito desde o comezo da [[Idade Media]], nos planos [[Demografía|demográfico]] e [[Economía|económico]], pero tamén por un período de ''renacemento político'' e pola [[Gregorio VII|reforma gregoriana]], a cristiandade viu unha profunda mutación da súas estruturas culturais. O [[Mosteiro|mundo monástico]] se centracéntrase na función meditativa, o que aproveitan as escolas urbanas que floreceron nas grandes cidades, comezando por [[París]], sobre todo grazas á [[abadía de San Vítor]], pero tamén en [[Chartres]] ou en [[Boloña]]. As disciplinas intelectuais así dinamizadas, e nutridas polo impulso das traducións latinas do século XII, desde o grego e o árabe en [[España]] e en [[Italia]], que difunden de novo textos de [[Aristóteles]], e os dos seus comentaristas musulmáns. De aí xorde un gusto novo polas [[Quadrivium|disciplinas científicas]], pola [[dialéctica]], o nacemento da [[teoloxía dogmática]] e da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]], e aínda da recuperación do [[Dereito|dereito romano]] e da [[medicina]] nas rexións [[Mediterráneo|mediterráneas]].
 
Século da aparición dunha verdadeira clase de "[[intelectual|intelectuaissintelectuais]]", en palabras de [[Jacques Le Goff]], como [[Pedro Abelardo]], coñecido polos seus amores con Eloísa e pola virulencia do seu conflito con [[Bernardo de Claraval|San Bernardo]], ou como [[Jean de Salisbury]] ou [[Pedro Lombardo]]; século dun novo [[Humanismo renacentista|humanismo]] baseado na renovación da cultura antiga seguindo o adaxio de [[Bernardo de Chartres]] ("ananos nas costas de xigantes"); século de eclosión dunha cultura de corte e da literatura cortesán, o século XII prepara a madureza cultural do século seguinte, que se revelará no cadro das universidades medievais.
 
Tales cambios tendían a cuestionar a vella orde agraria e rural do [[feudalismo]] como consecuencia da irrupción dun novo axente económico e social: a [[burguesía]] mercantil e artesanal das rexurdintes [[cidade]]s. Incluía unha revitalización intelectual de Europa con fortes raíces [[filosofía|filosóficas]] e [[científica]]s, que iniciaron o camiño aos posteriores logros literarios e artísticos da [[Idade Media]] final e dos inicios da [[Idade Moderna]]: o [[Humanismo renacentista|Humanismo]] e o [[Renacemento]] dos [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]] (ou [[Renacemento]] propiamente dito) e a [[revolución científica]] do [[século XVI]].
Liña 17:
Por motivos pedagóxicos pódese situar dito período de cambios entre dous fitos históricos como, por exemplo, a [[Primeira Cruzada]] ([[1099]]) e a [[Batalla de Legnano]] ([[1176]]), momento no que se consolidaron as [[Comunas de Italia|comunas]] no norte de [[Italia]], aparecendo un novo axente político que disputaba o espazo político tanto aos poderes universais (pontificado e Imperio) como ás [[monarquía]]s [[feudalismo|feudais]].
 
A aplicación do concepto historiográfico de "renacemento do século XII" atribúese xeralmente ao [[Idade Media|medievalista]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] Charles H. Haskins, aínda que algúns autores do século XIX utilizaran esta fórmula sen profondizar nela <ref>Especialmente Jean-Jacques Ampère, ou o abade Clerval ''Les Écoles de Chartres au Moyen Âge, du siècle XIIe au siècle XVIe'', Paris, 1895: "se lles debe [aos mastres chartrianos] atribuír o renacemento do século XII" (citado por Jacques Verger, ''La Renaissance du XIIe siècle'', Paris, Le Cerf, col. "Initiations au Moyen Âge", 1999, ISBN 2-204-05454-2)</ref>, e que a noción de renacemento fora xa empregada para cualificar outros períodos da Idade Media.<ref>Por Erna Patzelt en 1924 para o "renacemento carolinxio", e por Hans Naumann en 1927 para o "renacemento otoniano".</ref> Pero en [[1927]] aparece un libro que se converteu nun clásico, ''The Renaissance of the Twelfth Century''.<ref>Haskins, Charles Homer (1927): ''The Renaissance of the Twelfth Century''. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.</ref> A vía adoptada é resoltamente innovadora: contraria por exemplo á de Jacob Burckhardt,<ref>''Die Kultur der Renaissance in Italien. Eine Versuch'', Bâle, 1860</ref> que intenta mostrar que o [[Renacemento]] do século XVI ten raíces nos séculos precedentes, Haskins intenta poñer en evidencia unha renovación cultural distinta e autónoma, e comparando o seu desenvolvemento subliñando certos aspectos comúns (redescubrimento de textos da [[Antigüidade clásica]], e desenvolvendo unha actividade intelectuealintelectual senón [[Laicismo|laica]], en todo caso menos controlada pola Igrexa.<ref>Haskins, Charles Homer, ''Op. cit.'', páx. 12</ref>
 
Charles H. Haskins foi, en efecto, o primeiro historiador en utilizar extensamente o concepto, o dun renacemento que xurdiu en plena Idade Media, comezando en torno a [[1070]]. En 1927, Haskins escribía que:
{{cita|''[o século XII en Europa] foi en moitos aspectos unha era de vida fresca e vigorosa. A época das Cruzadas, a do alzamento das cidades e dos primeiros estados burocráticos de Occidente, veuviu a culminación da arte románica e o comenzo da gótica; a emerxencia da literatura en linguas vernáculas; a resurrección dos clásicos latinos, a poesía latina e o dereito romano; a recuperación da ciencia grega, coas súas adicións árabes, e gran parte da filosofía grega; e a orixe das primeiras universidades europeas. O século XII deixou a súa sinatura nunha educación superior, na filosofía escolástica, os sistemas xurídicos europeos, na arquitectura e a escultura, no teatro litúrxico, na poesía latina e vernácula''.<ref>Haskins, Charles Homer, ''Op. cit.'', páx. viii - introduction.</ref>}}
 
O éxito do libro de Haskins popularizou a noción de "renacemento do século XII", co seu uso notable no mundo escolar por tres [[San Domingos|dominicos]] canadenses, Gérard Paré, Adrien Brunet e Pierre Tremblay, autores de ''La Renaissance du sièce XII<sup>e</sup>: les écoles et l'enseignement'', obra aparecida en [[1933]].<ref>Gérard Paré, Adrien Brunet e Pierre Tremblay, ''La Renaissance du siècle XII<sup>e</sup>: des écoles et l'enseignement'', Marie-Dominique Chenu (dir.), Paris-Ottawa, 1933.</ref> Diversas contestacións emitíronse despois da [[Segunda Guerra Mundial]], en razón das moitas diferenzas fundamentais entre o [[século XII]] e o [[século XVI|XVI]]; os homes do primeiro non tiveron, como os do segundo, a consciencia dunha renovación despois de séculos de escuridade.<ref>Véxase especialmente William A. Nitze, "The So-called Twelfth Century-Renaissance", ''Speculum'' 23 (1948), páxs. 464-471; Eva M. Sanford, "The Twelfth Century. Renaissance or Proto-Renaissance?", ''Speculum'', 26 (1951), páxs. 635-642; Urban T. Holmes Jr., "The Idea of a Twelfth-Century Renaissance", ''Speculum'', 26 (1951), páxs. 643-651; Erwin Panofsky, ''Renaissance and Renascences in Western Art'', Stockholm, 1960.</ref> As fontes da época acreditaban por outra parte esta interpretación, os autores do século XII reclámanse dunha ''renovatio'' (renovación) ou dunha ''reformatio'' ou ''restauratio'' (reforma), é dicir, dunha volta a un progreso momentaneamente impedido, máis que dun "renacemento" ou dunha ruptura.<ref>Haskins, Charles Homer, ''Op. cit.'', páx. 14.</ref> O concepto de renacemento do século XII entrou nos hábitos e, lonxe de ser abandonado, é frecuentemente utilizado,<ref>Véxase especialmente Charles Warren Hollister, ''The Twelft-Century Renaissance'', John Wiley and Sons, New York, 1969; Christopher Brooke, ''The Twelfth Century Renaissance'', Thames and Hudson, Londres, 1969; Peter Weimar (ed.), ''Die Renaissance der Wissenschaften im 12. Jahrhundert'', Artemis Verlag, Zurich, 1981</ref> e ademais aplicado a outros diversos períodos medievais.
Liña 28:
=== Cambios políticos ===
 
Dous importantes procesos políticos desenvolvéronse en Europa durante este período. Por unha parte, o sistema feudal europeo extendeuse considerabelmente en terras emprazadas até entón fóra do mesmodel e, por outra, comezou o proceso de centralización que foi trasformando lentamente as ''monarquías feudais'' en ''monarquías autoritarias'', e que terminou por dar orixe ás [[estado|nacións-estado]], xa na [[Idade Moderna]].
 
;Expansión na península Ibérica: Durante este período a crise e posterior desintegración do [[Califato de Córdoba]], no ano [[1031]], deulle unha grande oportunidade aos reinos cristiáns para atacar os reinos musulmáns (as [[taifa]]s). Os personaxes máis importantes deste ciclo guerreiro foron o monarca [[Afonso VI de Castela]] e [[Rodrigo Díaz de Vivar]], máis coñecido como ''El Cid Campeador''. Esta expansión veuseviuse freada durante un tempo despois da invasión dos [[almorábides]], aínda que se chegou a un novo punto de equilibrio, favorábel aos reinos cristiáns, despois da [[Batalla das Navas de Tolosa]], en [[1212]].
[[Ficheiro:Kingdom of Sicily 1154.svg|miniatura|200px|O reino de Sicilia á morte do seu fundador Roxer II.]]
;Expansión en Italia: Durante a segunda metade do [[século XI]], invasores normandos arrebataran todo o sur de [[Italia]] aos [[Imperio bizantino|bizantinos]]. Durante a primeira metade do século XII, o rei [[Normandía|normando]] [[Roxer II de Sicilia]] transformouse nun dos máis poderosos monarcas de Europa. O [[Sicilia|reino de Sicilia]], fundado por Roxer, foi durante todo este tempo o máis próspero e desenvolvido de Europa, grazas a unha política de tolerancia relixiosa que permitiu asimilar a cultura superior de árabes e bizantinos. Todo iso, a pesar de que durante a conquista normanda de Sicilia comezou a introducirse o [[catolicismo]] e, por tanto, o poder da [[Igrexa Católica]] en ditas terras foi en aumento.
Liña 97:
[[Ficheiro:Astrolabium.jpg|miniatura|180px|dereita|Pezas dun [[astrolabio]] árabe de 1208.]]
 
Durante o século XII en Europa houbo un cambio radical na taxa de innovacións e novos inventos, o que, aínda que partía de niveis practiamente planos, tivo influencia na transformación dos medios de produción tradicionais e o crecemento económico. En menos de un século houbo máis inventos desenvolvidos e aplicados con utilidade que nos mil anos anteriores da historia da humanidade. O período veuviu avances tecnolóxicos importantes, como a invención do [[gravado]], a [[pólvora]], a [[Lente (óptica)|lente]], a mellora dos [[reloxo]]s, o [[astrolabio]], e unha gran mellora dos [[barco]]s. Estes dous últimos feitos fixeron posíbel a futura [[Era dos Descubrimentos]]. Os historiadores da tecnoloxía enumeraron algúns feitos desta cuase-revolución tecnolóxica:<ref>Alfred Crosby, ''The Measure of Reality: Quantification in Western Europe, 1250-1600'' (''A medida da realidade: cuantificación en Europa Occidental, 1250-1600).</ref>
 
* Primeiro documento escrito sobre un [[muíño|muíño de vento]] ([[Yorkshire]], [[Inglaterra]], [[1185]]).
Liña 136:
Até o momento, a teoloxía cristiá estaba baseada nas ideas [[platonismo|platónicas]] que adoptara e adaptara [[Agostiño de Hipona]], no [[século V]]. Aristóteles era incómodo porque plantexaba cuestións radicalmente opostas ao catolicismo (por exemplo, que o mundo é eterno e increado, o que choca co dogma da creación "''ex nihilo''" ("da nada") expresado no [[Biblia|libro da Xénese]]). A simbiose entre a teoloxía cristiá e o [[aristotelismo]] non chegaría senón até o [[século XIII]], da man de [[San Tomé de Aquino]].
 
Aínda así, o platonismo inherente ás doutrinas agostiñanas foi posto en dúbida, en beneficio de posturas que poderían cualificarse de [[realismo|realismo moderado]]. O principal defensor delas foi [[Pedro Abelardo]], teólogo que ensinou na universidade de París, e que se veuviu envolvido nunha dura trifulca (chamada a [[querela dos universais]]) con [[Bernardo de Claraval]], sostedor do [[realismo|realismo extremo]], quen lle fixo condenar como herexe e obligouno á retractación. Pedro Abelardo é un representante dos novos tempos, ao atreverse a cuestionar, aínda que timidamente, algunhas verdades esenciais da teoloxía cristiá.<ref>Pierre Abélard, ''Sic et Non'', 1122, ed. Boyer et McKeon, 1976.</ref><ref>Pierre Abélard, ''Logica Ingredientibus'', ed. B. Geyer, I, 1919: ''Contre le réalisme des universaux'', páxs. 10-16.</ref><ref>Pierre Abélard, ''Éthique, ou Connais-toi toi-même'' (contra 1139), trad. Maurice de Gandillac, in ''Conférences. Dialogue d'un philosophe avec un juif et un chrétien, suivi de Connais-toi toi-même''. Cerf, 1993, páx. 223.</ref>
 
O mencionado [[Bernardo de Claraval]] era o máis destacado defensor do ''status quo'' medieval fronte aos cambios sociais do seu tempo. Fundador dun gran número de mosteiros ao longo da primeira metade do século XII, ademais de participar activamente en política (incluíndo a prédica da [[Segunda Cruzada]] e alección dos papas). De liñaxe aristocrática, vía con reticencia toda innovación, tamén a vida urbana e cidadá. Os seus mosteiros, a [[Orde do Císter]], transformáronse nun referente ineludíbel para afianzar a unidade cristiá, nunha época en que os propios cristiáns dos burgos empezaban a cuestionar seriamente a Igrexa.<ref>Marcel Pacaut, ''Les moines blancs. Histoire de l'ordre de Cîteaux''. Fayard, 1993.</ref><ref name="Paul Benoit 2008">Paul Benoit, "Naissance et développement de l'ordre", en ''Histoire et Images médiévales'', n°12 (thématique), "Les cisterciens", febreiro-marzo-abril de 2008.</ref> Durante toda a súa vida guíase pola defensa da orde cisterciense. Encóntrase en todas as frontes e a súa vida é rica en paradoxos: proclama o seu desexo de retirarse do mundo e, porén, non deixa de mesturarse nos asuntos do mundo. De bo grao imparte leccións, pero, seguro da superioridade do espírito cisterciense, abruma cos seus reproches aos seus irmáns cluniacenses.<ref>En 1125 publica a súa ''Apologia'', onde contrapón as doutrinas cisterciense e cluniacense, e arruína aos seus adversarios.</ref> Ten moi duras palabras para fustrigar aos clérigos e aos prelados que sucumben ás riquezas materiais e ao luxo. Non desdeña a picardía, a astucia, a mala fe ou as inxurias para abater ao seu adversario —o teólogo [[Pedro Abelardo]] sufriu en persoa esta dura experiencia—<ref>En particular, con ocasión do concilio de Sens do 2 e 3 de xuño de 1140</ref>. VeuseViuse no [[Languedoc]] intentando frear os progresos da [[herexía]]. Percorre Francia e Alemaña, mobilizando ás multidumes tras a predicación de [[Vézelay]], o 31 de marzo de [[1146]], para lanzar a [[Segunda Cruzada]]. Intervén na designación dos papas, cuxa causa consigue facer triunfar: [[Inocencio II]] contra [[Anacleto II (antipapa)|Anacleto II]], e chega mesmo a dar leccións aos [[papa|soberanos pontífices]].<ref>Boitel, Philippe, "Voyage dans la France cistercienne", ''La Vie'', Hors-série, n°3, xuño de 1998, páx. 14.</ref>
 
O Císter non logrou, de todos os xeitos, conter estes cuestionamentos, que cristalizaron nunha serie de [[herexía]]s,<ref name="Paul Benoit 2008"/> as primeiras desde a época de Santo Agostiño en Occidente. As máis perigosas para a Igrexa Católica foron as dos [[valdenses]] e a dos [[cátaros]], que creceron especialmente no sur de Francia, e que foron reprimidas coa chamada [[Cruzada Albixense]] ([[1209]]-[[1244]]).
 
Porén, este labor represor (que levou á fundación da [[Inquisición]]) veuseviuse complementada pola apertura da Igrexa cara ás novas correntes espirituais para as xentes dos burgos, especialmente por obra de [[San Francisco de Asís]].
 
== Consecuencias ==