Heavy metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Heavy metal: " " mediante HotCat
m →‎Orixe: Salón da Fama do Rock
Liña 144:
[[Led Zeppelin]] definiu os aspectos centrais do xénero emerxente, co estilo de guitarra altamente distorsionado de [[Jimmy Page]] e as voces dramáticas do cantante [[Robert Plant]].<ref>{{Harvnb|Charlton|2003|p=239}}</ref><ref>{{cita novas|título=Whole Lotta Love |revista=Rolling Stone |ano=2003 |url=http://www.rollingstone.com/news/story/6595920/whole_lotta_love |data-acceso=3 de abril de 2007 |url-arquivo=http://web.archive.org/web/20071014175923/http://www.rollingstone.com/news/story/6595920/whole_lotta_love |data-arquivo=14 de outubro de 2007|urlmorta=si}}</ref> Outros grupos xa cun son consistentemente máis pesado probarían ser igual de importantes na codificación do xénero. As publicacións en 1970 dos álbums ''[[Black Sabbath (álbum)|Black Sabbath]]'' e ''[[Paranoid]]'' por parte de [[black Sabbath]], e a de ''[[In Rock]]'' por parte de [[Deep Purple]] resultaron ser cruciais neste senso.<ref name="Walser10"/>
 
Black Sabbath desenvolveu un son particularmente pesado debido en parte a un accidente sufrido polo guitarrista [[Tony Iommi]] antes da fundación do grupo. Incapaz de tocar con normalidade, Iommi tivo que axustar a súa guitarra para que lle fose máis doado tocala e baseouse en ''[[power chord]]s'' pola súa relativa simplicidade en canto á posición requirida dos dedos.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=di Perna|nome=Alan|título=The History of Hard Rock: The 70's|revista=Guitar World|data=marzo de 2001}}</ref> Deep Purple presentaba flutuacións entre estilos nos seus primeiros anos, pero en 1969 o vocalista [[Ian Gillan]] e o guitarrista [[Ritchie Blackmore]] lideraron o grupo cara a un estilo máis próximo ao heavy metal.<ref>{{Harvnb|Charlton|2003|p=241}}</ref> En 1970 Black Sabbath e Deep Purple acadaron éxitos nas listas do Reino Unido con "[[Paranoid]]" e "[[Black Night]]" respectivamente.<ref name="RnR Hall of Fame">{{cita web |url=http://www.rockhall.com/inductees/black-sabbath|título=Black Sabbath|editorial=[[Salón da Fama do Rock|Rock and Roll Hall of Fame]]|data-acceso=8 de marzo de 2010}}</ref><ref>{{Harvnb|Buckley|2003|p=232}}</ref> Ese mesmo ano outras dúas bandas británicas publicaron álbums de estrea con tinturas de heavy metal: [[Uriah Heep]] con ''[[Very 'Eavy... Very 'Umble]]'' e [[UFO (grupo musical)|UFO]] con ''[[Unidentified Flying Object (álbum)|UFO 1]]''. [[Bloodrock]] publicou o seu [[Bloodrock (álbum)|álbum de estrea homónimo]], cunha colección de pesados ''riffs'' de guitarra, voces roucas e letras macabras,<ref>{{Cita web|apelidos=Guarisco|nome=Donald A.|url={{Allmusic|class=album|id=bloodrock-mw0000176093|pure_url=yes}}|título=Bloodrock: ''Bloodrock'' > Review|páxina-web=[[AllMusic]]|data-acceso=5 de febreiro de 2012}}</ref> e [[Budgie]] adaptou os novos sons no contexto dos tríos musicais.<ref>{{cita web |apelidos=Henderson|nome=Alex|título=Budgie (review)|editorial=Allmusic |url={{Allmusic|class=album|id=budgie-mw0000208307|pure_url=yes}} |data-acceso=15 de setembro de 2009}}</ref> As temáticas líricas de corte [[ocultismo|ocultista]] e a imaxinería empregada por Black Sabbath e Uriah Heep probaron ser de grande influencia na estética asociada ao xénero, con Led Zeppelin contribuíndo a poñer en primeiro plano este tipo de elementos co seu álbum [[Led Zeppelin IV]], publicado en 1971.<ref>{{Cita libro|apelidos=Fast|nome=Susan|ano=2001|título=In the Houses of the Holy: Led Zeppelin and the Power of Rock Music|editorial=Oxford University Press|ISBN=0-19-511756-5|páxinas=70–71}}</ref> En [[Alemaña]], o grupo [[Scorpions]] estreouse co álbum ''[[Lonesome Crow]]'' en 1972. Nese mesmo ano [[Ritchie Blackmore]] destacou cos seus solos de guitarra no álbum de Deep Purple ''[[Machine Head (álbum)|Machine Head]]'', e posteriormente en 1975 deixaría o grupo para formar [[Rainbow]].<ref name="Walser10"/> Ao outro lado do [[Océano Atlántico|Atlántico]], o grupo que marcou a tendencia foi [[Grand Funk Railroad]], descrito como o "grupo americano de heavy metal con máis éxito comercial dende 1970 ata a súa separación en 1976, establecendo a fórmula do éxito nos anos setenta: as xiras continuas".<ref>{{Harvnb|Pareles|Romanowski|1983|p=225}}</ref> Outros grupos identificados co heavy metal emerxeron nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], como [[Blue Öyster Cult]] ([[Blue Öyster Cult (álbum)|1972]]), [[Aerosmith]] ([[Aerosmith (álbum)|1973]]) e [[Kiss]] ([[Kiss (álbum)|1974]]). Todos estes grupos chegaron a unha audiencia cada vez maior grazas a xiras continuas e actuacións en directo cada vez máis elaboradas.<ref name="Walser10"/>
 
Posteriormente comezaron a darse as argumentacións de se estes grupos e outras bandas da época poden cualificarse verdadeiramente dentro do heavy metal ou se en realidade pertencen ao [[hard rock]], e os grupos máis próximos ás raíces no [[blues]] ou con maior énfase na melodía adoitan ser adscritos a este último grupo. [[AC/DC]] e o seu álbum de estrea ''[[High Voltage]]'' de 1975 é un exemplo disto. A enciclopedia de ''[[Rolling Stone]]'' do ano 1983 cualificounos como "O grupo australiano de heavy-metal AC/DC",<ref>{{Harvnb|Pareles|Romanowski|1983|p=1}}</ref> mentres que outros historiadores posteriores consideran que é unha cualificación inapropiada, argumentando que o grupo se encadra dentro da [[música rock]].<ref>{{cita libro|título=Highway to Hell: The Life and Times of AC/DC Legend Bon Scott |ano=2001 |isbn=1-891241-13-3 |apelidos=Walker|nome=Clinton|páxina=297}}</ref> No caso concreto de AC/DC, as diferentes opinións na definición do xénero engádense tamén á distinción persistente entre o estilo musical e a identificación da súa grande audiencia, con números máis habituais da música rock que do heavy metal.<ref>{{Harvnb|Christe|2003|p=54}}</ref>