Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Marcio»

Nova sección: →‎Paleosuchus
m (Arranxo modelo benvida)
(Nova sección: →‎Paleosuchus)
:Grazas a ti. Non era doado decatarse. De feito se a imaxe está incluída en artigos doutras Wikipedias o habitual é pensar que a imaxe é correcta. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 8 de decembro de 2016 ás 23:28 (UTC)
::Boas, solicitei o borrado en Commons desa imaxe porque ten dereitos de autor. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 9 de decembro de 2016 ás 01:39 (UTC)
 
== Paleosuchus ==
 
Ola Marcio. Como sempre temos que aternos ás referencias que hai e, por tanto, hai que usar esas que puxeches ti, polo que non estou en desacordo. Outra cousa é que o nome elixido no Dicionario da Deputación non me pareza moi axeitado. Caimán almiscreiro é un nome pouco usado (e tería que ver onde ten o almiscre ese animal, que non o sei); desde logo non é un nome moi internacional. En cambio, eses animais caracteríszanse por ser os máis pequenos dentro dos caimáns, polo que lles cadra ben o nome de ananos, usado en moitos idiomas. Á especie máis pequena de crocodilos (viven en África) tamén se lle chama crocodilo anano. Por outro lado, a caimán almiscreiro '''do Brasil''' tampouco lle vexo o sentido, xa que as dúas especies de caimán almiscareiro viven no Brasil. Pero tampouco son endemismos do Brasil nin o Brasil é a área abrumadoramente maior dese animal, xa que tamén viven en todos os países limítrofes de Brasil arredor da Amazonia e cunca do Orinoco.
 
Caimán anano de Cuvier ven no BUSCatermos como sinónimo de caimán almiscareiro común (se clicas no nome para abrir a información), pero dá como referencia o Dicionario da Deputación, do que eu non dispoño. Se ti o tes e dis que non aparece nel, entón igual hai que quitar ese nome tamén. Fai como vexas.-
 
E xa postos, falando do aligátor do Mississippi (calcado do nome científico) tampouco me parece o mellor, xa que non se estende moito pola cunca do Mississippi, senón polo sur de EUA e onde máis abunda é en zonas fóra da cunca do Mississippi. O máis axeitado para el sería aligátor americano, xa que só hai dous aligátores, un na China (aligátor da China) e outro en América (aligátor americano), que fundamentalmente é norteamericano (viven en EUA e un pouco no norte de México), pero en calquera caso americano.-[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 30 de agosto de 2017 ás 21:36 (UTC)
194.390

edicións