Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Marcio (conversa | contribucións)
Liña 1.498:
 
Boas tardes. Neste artigo dis que "''Os golfiños e baleas teñen grandes aletas hidrodeslizadoras caudais horizontais, mentres que moitos peixes e tiburóns téñenas verticais''". Como sabes, tódolos peixes teñen a aleta caudal vertical, polo que suxiro que cambies a redacción da segunda parte da frase, que dá a entender que moitos si, pero algúns non. Por outra banda, non entendo esa dicotomía ''peixes e tiburóns'', como se fosen cousas diferentes. Parabéns, en todo caso. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 24 de agosto de 2017 ás 19:44 (UTC)
 
== Nomes comúns dos Paleosuchus ==
 
Ola Miguel,
vin que estiveches dándolle duro aos artigos sobre réptiles. Parabéns polo traballo!
Conseguiches mesmo que se mudase o nome da páxina do Alligator mississippiensis a Aligátor do Mississippi!
Boa falta facía por coherencia co nome da outra especie chinesa!
Quería comentarche que fixen unhas mudanzas nos artigos dos dous Paleosuchus, nos que tamén traballaras.
Recentemente adquirín o Diccionario das ciencias da saúde e da natureza de L.Daviña e
deime de conta de que no seu momento lle dera un nome común errado á páxina do Paleosuchus palpebrosus. Daquela
consultara ese e outras fontes nunha biblioteca e tomara notas. Debín liarme e o caso é que lle puxen
"Caimán anano de Cuvier", denominación que non figura en tal obra. A que si consta é: Caimán almiscreiro común,
que debe ser unha adaptación do inglés "Musky caiman", que aparece nalgunhas fontes como forma secundaria.
No mesmo Dicionario dáselle o nome de "Caimán almiscreiro do Brasil" ao ''Paloesuchus trigonatus'', polo que
o engadín no artigo que creaches ti.
Non eliminei a forma "caimán anano de Schneider" do corpo do texto porque como ben dis é un nome común noutros idiomas.
De feito persoalmente encontro máis coherentes coas formas máis difundidas noutras linguas as solucións "caimán anano ...", pero as únicas referenciadas para o galego son as de "caimán almiscreiro...".
Espero que che parezan ben os cambios. Agradezo os teus comentarios.
 
Un saúdo.
 
[[Usuario:Marcio|Marcio]] ([[Conversa usuario:Marcio|conversa]]) 30 de agosto de 2017 ás 21:11 (UTC)