Caimán almiscreiro común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Engado sección etimoloxía
Marcio (conversa | contribucións)
Liña 23:
== Etimoloxía e nome ==
 
O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico ''[[Paleosuchus]]'' vén do [[grego antigo|grego]] ''palaios'' 'antigo' e ''soukhos'' 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de [[caimán]]s hai uns 30 millóns de anos. O nome específico ''palpebrosus'' deriva do latín ''palpebra'' 'pálpebra' coa terminación [[latín|latina]] ''osus'' 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.<ref name=Britton>{{cite web |url=http://crocodilian.com/cnhc/csp_ptri.htm |title=''Paleosuchus palpebrosus'' (Cuvier, 1807) |author=Britton, Adam |date=2009-01-01 |work=Crocodilian species list |accessdate=2013-11-04}}</ref> O nome común de ''caimán anano de Cuvier'' que se lle dá nalgúns idiomas (caimán anano de Cuvier) deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.
 
== Descrición e hábitat ==