Diferenzas entre revisións de «Caimán almiscreiro común»

Engado sección etimoloxía
(Corrixo nome conforme revisión de referencias)
(Engado sección etimoloxía)
O '''caimán almiscreiro común'''<ref name="DCiencias">Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, p. 720 </ref> ('''''Paleosuchus palpebrosus'''''), tamén chamado '''xacaré anano'''<ref name=CHAVE>{{cita web|url=http://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdos_reptiles.pdf|título=Nomes galegos dos réptiles recomendados pola Chave|lingua=galego|ano=2016|edición=2ª|dataacceso=21 de xuño de 2016|páxina=6}}</ref>, é unha [[especie]] de pequeno [[caimán]]<ref>{{DRAG|caimán}}</ref> suramericano presente en varios países: [[Bolivia]], [[Brasil]], [[Colombia]], [[Ecuador]], [[Güiana]], [[Paraguai]], [[Perú]], [[Suriname]] e [[Venezuela]]. É unha das especies da orde [[Crocodilia]] menos ameazada, cuxas poboacións mantéñense estábeis.
 
Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de [[crocodilo]]s máis pequena do mundo.
 
== Etimoloxía e nome ==
 
O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico ''[[Paleosuchus]]'' vén do [[grego antigo|grego]] ''palaios'' 'antigo' e ''soukhos'' 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de [[caimán]]s hai uns 30 millóns de anos. O nome específico ''palpebrosus'' deriva do latín ''palpebra'' 'pálpebra' coa terminación [[latín|latina]] ''osus'' 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.<ref name=Britton>{{cite web |url=http://crocodilian.com/cnhc/csp_ptri.htm |title=''Paleosuchus palpebrosus'' (Cuvier, 1807) |author=Britton, Adam |date=2009-01-01 |work=Crocodilian species list |accessdate=2013-11-04}}</ref> O nome común que se lle dá nalgúns idiomas (caimán anano de Cuvier) deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.
 
== Descrición e hábitat ==
 
Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de [[crocodilo]]s máis pequena do mundo.
Este tipo de caimán mostra en xeral preferencia por cursos de auga con corrente e sobre todo por aqueles onde a vexetación ofrece sombra. Nestes lugares as femias constrúen os seus niños, fabricados con follas secas. A posta usual consta de 5 a 9 ovos.
 
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Paleosuchus trigonatus]]
* [[Caimán anano de Schneider]]
* [[Crocodilo anano]]
 
1.721

edicións