Diferenzas entre revisións de «Amador Domínguez Pan»

m
 
== Traxectoria ==
Destinado como cabo da Armada no cruceiro España II, era militante da [[CNT]]. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi dos que intentou en Ferrol impedir que a oficialidade puxera o cruceiro ao servizo dos sublevados. Desertou para evitar a detención pero foi apresado uns meses despois. Xulgado, foi condenado a prisión, onde pasou máis de seis anos. O seu irmán [[Benito Domínguez Pan]] foi paseado o [[7 de setembro]] de [[1937]]. Saíu en liberdade condicional o [[28 de febreiro]] de [[1943]] e dedicouse a organizar os grupos que operaban nos Castros e [[San Pedro de Nós, Oleiros|San Pedro de Nós]] para axudar aos ex-presos republicanos que saían en liberdade. O grupo foi desarticulado pola policía, e Amador pasou á clandestinidade para evitar unha nova detención.
 
Na primavera de 1946 formou parte do Grupo Volante A, da IV Agrupación Guerrilleira, con [[Francisco Rey Balbís]], [[Manuel Ramiro Souto]], [[José María Castelo Mosquera]] e [[José María Díaz Pan]], empregando o alcume de Jaime Pimentel.<ref name=":0">{{Cita web|url=http://academia.gal/documents/10157/896650/Biografia+de+Amador+Dominguez_por+Bernardo+Maiz.pdf|páxina-web=|título=Biografía por Bernardo Máiz|data-acceso=21-06-2017}}</ref> O grupo integrouse despois do novo destacamento Enrique Líster, no que Amador foi o seu primeiro xefe militar. Participou no atentado contra [[Manuel Doval Lemat]], xefe da Falange de Cambre o [[16 de abril]] de [[1946]].<ref name=":0" />
194.079

edicións