Vixilia Pascual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Na Vixilia Pascual, a [[Igrexa católica]] celebra unha liturxia especial, na que os sacerdotes e diáconos están revestidos de ornamentos [[branco]]s, sinal de ledicia pola [[resurrección]] de [[Xesucristo]], aínda que normalmente, o sacerdote celebrante adoita vestir unha casula dourada por mor da gran solemnidade da celebración que é o centro do [[ano litúrxico]].
 
Comeza a vixilia co templo completamente a escuras, acendendo e bendicindo un lume no atrio, nun lugar fóra do templo. Dese lume acéndese o ''[[Cirio Pascual]]'', unha gran velacandea que simboliza a Xesucristo Resucitado. Acto seguido, comeza a procesión do sacerdote e os ministros, e os fieis que agardan dentro do Templo acenden as súas candeas propias da chama do Cirio a medida que o diácono avanza co cirio en alto pola nave central do Templo. O diácono detense en tres ocasións para cantar: ''"Luz de Cristo"'', ó cal os fieis responden: ''"Demos grazas a Deus"''. Cada vez o canto faise nun ton máis alto.
 
Chegados ó [[presbiterio]], colócase no centro do mesmo, a carón do [[altar]] ou do [[ambón]], e o sacerdote incénsao tres veces. Acéndense algunhas luces do Templo (quedando a media luz), e acto seguido, o diácono, o sacerdote ou un cantor entoa o ''[[Pregón pascual]]'', antigo himno alusivo á noite de Pascua que proclama a gloria da Resurrección de Cristo.