Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot: Cambiada Category:Políticos
André (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Xosé Velo Mosquera''' ([[Celanova]] [[1916]] - [[São Paulo]] [[1972]]) foi un político galego, partidario da indepedencia de [[Galicia]]., tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía<br>
Naceu o [[21 de abril]] de [[1916]] fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera. En 1926 quedou orfo de pai, nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]] e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o [[24 de abril]] casa con Jovita Pérez González.<br>
Tras a sublevación de 1936, a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saiu ao pouco tempo e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]], voltou ao remate da [[Guerra civil española]] e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.