Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 75:
A pesar destes problemas, a tarde do [[8 de outubro]] de 1989 o [[violonchelo|violonchelista]] [[Klaus Haussler]] (portavoz da xunta da orquestra) anunciaba a elección de Claudio Abbado como sucesor do falecido Herbert von Karajan á fronte da [[Berliner Philharmoniker]],<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#0 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Chief conductor Claudio Abbado |páxina-web=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref> converténdose no segundo director non [[Austria|austríaco]] ou [[Alemaña|alemán]] despois do [[Romanía|romanés]] [[Sergiu Celibidache]] (director da orquestra entre [[1945]] e [[1952]]). A véspera da votación en [[Berlín]], Abbado encontrábase no medio de negociacións coa [[New York Philharmonic]]. Antes dirixira a orquestra por primeira vez o [[20 de decembro]] de [[1966]] e un total de 36 concertos.<ref>{{Cita libro |título= Music at Its Best: The Berlin Philharmonic: From Karajan to Rattle |nome= Annemarie |apelidos= Kleinert |ano= 2009 |editorial= Books on Demand |páxinas= 45-59}}</ref> Algo máis dun mes máis tarde chegaba o primeiro concerto de Abbado como director principal da orquestra berlinesa, foi o [[16 de decembro]] dese mesmo ano, cun programa no que se interpretaron a ''[[Sinfonía Nº 8 (Schubert)|Sinfonía Nº 8 en Si menor "Inacabada"]]'' de [[Franz Schubert]], ''Dämmerung'' de [[Wolfgang Rihm]], a ''[[Sinfonía nº 1 (Mahler)|Sinfonía nº 1 en Re Maior "Titan"]]'' de [[Gustav Mahler]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#2 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Claudio Abbado’s first concert as chief conductor |páxina-web=[[Berliner Philharmoniker]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref>
 
Con Abbado á fronte celebrábase o [[1 de maio]] de [[1991]], no Smetana Hall do [[Obecní dům]] de [[Praga]], o primeiro Concerto Europeo para conmemorar a fundación da orquestra ese mesmo día no ano [[1882]]. O concerto, que foi gravado pola televisión, foi retransmitido en directo para moitos países, e contou coa [[soprano]] [[Estados Unidos|estadounidense]] [[Cheryl Studer]] e o [[piano|pianista]] italiano [[Bruno Canino]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#8 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". First European Concert: Prague |páxina-web=Berliner Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=ILOlXucWkTQ Concerto Europeo 1991] Fragmento da ''[[Sinfonía nº 29 (Mozart)|Sinfonía nº 29]]'' de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] (en [[YouTube]]).</ref> Ao mes seguinte dirixía por primeira vez a orquestra berlinesa no Concerto de Waldbühne coa soprano [[gales]]a [[Margaret Price]], nun programa no que se escoitaron a ''[[Sinfonía Nº 4 (Mahler)|Sinfonía Nº 4 en Sol Maior]]'' de Gustav Mahler e a Suite de ''[[L'oiseau de feu]]'' de [[Igor Stravinskii]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#9 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". 8th Waldbühne concert |páxina-web=Berliner Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref> Ese mesmo ano, o director italiano dirixía por segunda e última vez na súa vida o [[Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker]], logo de telo dirixido en [[1988]].<ref>{{Cita web |url=http://www.wienerphilharmoniker.at/new-years-concert/history |título=The History of the New Year's Concert |páxina-web=Wiener Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=inglés}}</ref>
 
O [[26 de abril]] de [[1992]], Abbado dirixía a Berliner Philharmoniker na reapertura da súa casa, o [[Berliner Philharmonie]], despois de máis dun ano pechado a causa dunha profunda remodelación.<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#6 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Closure of the Philharmonie |páxina-web=Berliner Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref> Nesta gala a orquestra berlinesa interpretaría o ''[[Gurrelieder]]'' de [[Arnold Schönberg]] coa soprano [[Cheryl Studer]], a [[mezzosoprano]] [[Marjana Lipovšek]], os [[tenor]]es [[Siegfried Jerusalem]] e [[Philip Langridge]], o [[baixo (voz)|baixo]] [[Hartmut Welker]], a [[actor|actriz]] [[Barbara Sukowa]] na narración e xunto cos coros Ernst Senff, o Philharmonic e o Coro da Radio de Berlín.
Liña 81:
Na [[Noitevella]] de [[1996]] a Berliner Philharmoniker celebraba un concerto con Abbado á fronte nun programa formado integramente por obras de [[Johannes Brahms]], [[Hector Berlioz]] e [[Maurice Ravel]] xunto coa mezzosoprano [[Cecilia Bartoli]], o [[violín|violinista]] [[Maxim Vengerov]], e o Coro da Radio de Suecia.<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#48 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". New Year’s Eve with Brahms, Berlioz and Ravel |páxina-web=Berliner Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=QAMxkietiik Concerto de fin de ano] Danza húngara Nº 5 de [[Johannes Brahms|Brahms]] (en [[YouTube]]).</ref> Meses máis tarde, o [[3 de abril]] de [[1997]], Abbado dirixía á fronte da Berliner Philharmoniker o concerto homenaxe a Brahms co gallo do centenario da súa morte, interpretando ''[[Ein deutsches Requiem]]'' no [[Musikverein]] de [[Viena]].<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#50 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". 100th anniversary of Brahms’ death in Vienna |páxina-web=Berliner Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=W62HUZEbDAM Fragmento de ''Ein deustches Requiem''] no concerto do centenario da morte de Brahms (en YouTube).</ref>
 
Con motivo do 10º aniversario da morte de Herbert von Karajan, o [[16 de xullo]] de [[1999]], a Berliner Philharmoniker ofrece un concerto homenaxe ao director austríaco baixo a batuta de Claudio Abbado no que se interpretou o ''[[RequiemRéquiem (Mozart)|RequiemRéquiem]]'' de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] na [[Catedral de Salzburgo]] (cidade natal de Karajan) coa soprano [[Karita Mattila]], a mezzosoprano [[Sara Mingardo]], o tenor [[Michael Schade]], o [[baixo-barítono]] [[Bryn Terfel]], e o coro da Radio de Suecia.<ref>{{Cita web |url=http://www.berliner-philharmoniker.de/en/geschichte/claudio-abbado/#66 |título="History of the Berliner Philharmoniker, The Era of Claudio Abbado". Requiem for Herbert von Karajan |páxina-web=Berliner Philharmoniker |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=fBEN5lyy_Xg Fragmento do ''RequiemRéquiem'' de Mozart] no Concerto homenaxe a Karajan (en YouTube).</ref>
 
No ano [[2000]] diagnosticóuselle un [[cancro de estómago]], o que o obrigou a someterse a unha operación na que se lle estirpou a metade do seu sistema dixestivo,<ref name=TG>{{Cita novas |url=http://www.theguardian.com/music/2007/aug/22/classicalmusicandopera.proms2007 |título=The maestro |xornal=[[The Guardian]] |data=22 de agosto de 2007 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=en}}</ref> dende aquela os seus problemas de saúde tornáronse máis frecuentes e tivo que manter un estrito réxime vital e alimenticio.<ref>{{Cita web |url=http://www.lepoint.fr/culture/le-grand-chef-d-orchestre-claudio-abbado-decede-d-une-longue-maladie-20-01-2014-1782400_3.php |título=Le grand chef d'orchestre Claudio Abbado décédé d'une longue maladie |editor=Lepoint.fr |data=20 de xaneiro de 2014 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=fr}}</ref><ref>{{Cita novas|url=http://elpais.com/diario/2008/04/27/cultura/1209247201_850215.html |título="Me llamo Claudio, no maestro" |xornal=[[El País]] |data=27 de abril de 2008 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=es}}</ref>