Música clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Alternativas a "sen embargo"
m →‎Características xerais: Wolfgang Amadeus Mozart
Liña 36:
 
No que respecta á [[harmonía]] non houbo trocos substanciais, xa que as principais regras harmónicas viñan dadas xa dende o Barroco. Non obstante, foi na textura onde atopamos máis diferenzas respecto do período anterior, empregándose un estilo máis puro e equilibrado que se traduciu nunha menor complexidade; pasando do uso do [[baixo continuo]] e de formas imitativas como a [[fuga]] e o [[Canon (música)|canon]] do Barroco a unha textura de melodía acompañada e en ocasións homofonía ou polifonía vertical, mais sen esquecer de todo o contrapunto (especialmente ao final). O elemento máis característico da textura da música clásica foi o xurdimento do [[baixo Alberti]] (unha forma de acompañamento na que se van despregando os acordes).
[[Ficheiro:Mozart k545 opening.png|500px|miniatura|centro|Exemplo de baixo Alberti na [[Sonata para piano K.545]] de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]]]]
 
Nesta época toma especial importancia a [[forma musical|forma]], definíndose as estruturas nas que se baseou a [[música culta]] occidental posteriormente, destacando a [[forma sonata]], que se desenvolveu ata converterse na forma máis importante. Destacou tamén neste período a importancia que se lle deu á música instrumental, principalmente as [[sonata]]s a solo ou a dúo, os [[cuarteto de corda|cuartetos de corda]], a [[sinfonía]] e o [[concerto]], así como outras ([[serenata]]s ou [[divertimento]]s).