Diferenzas entre revisións de «Antonio Tenreiro Rodríguez»

Galería e ordeno
m (→‎Ligazóns externas: Control de autoridades)
(Galería e ordeno)
Naceu o 5 de xaneiro de 1893, cando contaba con 8 anos faleceulle o pai, Ramón Mª Tenreiro Fernández, ficando baixo a tutela do seu tío materno, Ricardo Rodríguez Pastor. Ricardo era unha persoa destacable dentro da sociedade intelectual e empresarial da época, ocupando cargos como presidente do [[Banco Pastor]] ou conselleiro do [[Banco de España]]. Antonio iniciou en 1913 os seus estudos na [[ETSAM|Escola Superior de Arquitectura]] en [[Madrid]], finalizándoos en 1919. Nesta etapa coñeceu ao que sería o seu socio durante toda a súa carreira, o valenciano [[Peregrín Estellés]].
 
=== Comezos ===
[[Ficheiro:Casa Barrié.JPG|miniatura|Casa Barrié.]]
Aínda que nun principio estabeleceu o seu estudio na rúa Benito Gutiérrez de Madrid, con encargos modestos, ao gañar o concurso de proxectos para a Casa de Correos-Telégrafos de [[Lugo]], e encargarlle seu tío Ricardo e seu curmán [[Pedro Barrié de la Maza]] o proxecto da [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|sede do Banco Pastor]] en 1920, trasladouse, con Peregrín Estellés, definitivamente á Coruña. Foi nese mesmo ano cando tamén casou, con Mathilde Brochón Reinmann, tendo catro fillos: Rosa (1921), Antonio (1923), Magdalena (1925) e Ramón (1928).
En 1930 é nomeado arquitecto municipal da Coruña, e nesta década realiza, entre outros, os proxectos do Cine Savoy, [[Mercado Municipal de Santo Agostiño|mercado de Santo Agostiño]], da Casilla-Biblioteca “Menéndez Pidal”, nos [[xardíns de Méndez Núñez]], e a estación de servizo en Catro Camiños (demolida en 1997),<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/28/4112265.shtml?idioma=galego Homenaje a una estación de servicio con mucha solera]</ref> nas que se pode contemplar unha transición do decó á [[Movemento Moderno|Modernidade]].[[Ficheiro:Grajovuelabajo.jpg|miniatura|esquerda|250px|Casa Bailly, no Graxal]]
 
===Delegación coruñesa do Colexio Oficial de arquitectos===
O 9 de outubro de 1931 funda canda outros 9 arquitectos a delegación na Coruña do [[Colexio Oficial de Arquitectos de León]]. A acta da sesión comeza así:
 
:“Convocados por D. Antonio Tenreiro para celebrar Xunta Xeral, os Arquitectos da provincia da Coruña, con obxecto de constituír a delegación nesta provincia do Colexio Oficial de Arquitectos de León...”
 
=== A partir da guerra civil ===
No 1936 estala a [[guerra civil española]]. Pola nacionalidade francesa da súa muller e a súa distinción coa lexión de honor, o cónsul francés dispuxo os requisitos necesarios para a súa evacuación, mais Antonio decidiu permanecer na Coruña. O seu cuñado foi fusilado en [[Matanzas de Paracuellos|Paracuellos]]. En 1937 Antonio Tenreiro Rodríguez é suspendido do seu cargo como arquitecto municipal e expedientado pola súa militancia republicana. A representatividade das familias Pastor-Barrié de la Maza e Tenreiro Arias impide a suspensión total do exercicio, pero non evitan a súa retirada dos cargos públicos, a confiscación da fábrica de curtidos familiar, a expropiación de numerosas propiedades e a mingua substancial do seu patrimonio. Finalmente, a Xunta Superior de Depuración condénao, en 1942, a seis anos de inhabilitación para cargos públicos, directivos e de confianza. A partir dese momento verase frecuentemente obstaculizado nos primeiros anos da ditadura, tendo incluso que firmar o seu socio Estellés algunhas das súas obras, como o Gran Cine de [[Ortigueira]].
 
Mais todo isto non evita que proxecte, en 1940 a cidade cultural “Generalísimo Franco”, hoxe campus universitario de Riazor da [[Universidade da Coruña]] e cidade escolar, do que realizaría edificios como a Escola de Náutica, a Escola de Comercio ou o Conservatorio de Música, o mercado da Praza do Conde en Pontedeume e un curioso proxecto alternativo da [[Igrexa de san Pedro de Mezonzo]], de maior calidade arquitectónica que o finalmente realizado. Ao finalizar a década, é rehabilitado polo alcalde [[Alfonso Molina]] como arquitecto municipal da Coruña.
[[Ficheiro:Frente del Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|220px|Fronte do Arquivo do Reino de Galicia dende o [[Xardín de San Carlos]]]]
 
O seu último gran proxecto foi o actual [[Arquivo do Reino de Galicia]] no [[Xardín de San Carlos]], en 1952. En 1963 abandona o cargo de arquitecto municipal e finalmente morre o 31 de maio de 1972.
==Premio Coruña de Arquitectura==
En outubro de 2006 o [[Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia]] outorgoulle, na súa primeira edición, o [[premio Coruña de Arquitectura]] á súa familia, que fora creado en conmemoración do 75º aniversario da delegación coruñesa, onde o alcalde da cidade, [[Javier Losada]], prometeu que lle ía poñer á praza que está en fronte do [[colexio de Labaca]] o nome do arquitecto,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/07/18/4955024.shtml?idioma=galego Antonio Tenreiro dará nombre a una plaza tres años después de lo anunciado]</ref> o que se fixo en 2012.<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/06/19/plaza-honor-arquitecto-antonio-tenreiro/619404.html Una plaza en honor al arquitecto Antonio Tenreiro]</ref>
 
== Galería ==
<gallery>
Ficheiro:A Coruña - Mercado de San Agustín.JPG|[[Mercado de Santo Agostiño]] (1932-1938)
Ficheiro:Rúa do Orzán coa rúa do Sol.jpg|Casa de Santiago López, na [[rúa do Orzán (A Coruña)|rúa do Orzán]] da Coruña (1934)
Ficheiro:Praza de Lugo 20 - Casa d'Ortega.jpg| Casa d’Ortega, na [[praza de Lugo (A Coruña)|praza de Lugo]] da Coruña (1934)
Ficheiro:PontedeumeMercado 2014-09.jpg|Mercado de [[Pontedeume]] (1941, construído en 1954)
[[Ficheiro:Frente del Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|220px|Fronte do Arquivo do Reino de Galicia dende o [[Xardín de San Carlos]]]] (1952)
</gallery>
 
==Notas==
32.727

edicións