Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
m →‎Emperatriz da India: Comuñón Anglicana
Liña 193:
Trala [[Rebelión na India de 1857|rebelión dos cipaios]] en 1857, a [[Compañía Británica das Indias Orientais]], que gobernara gran parte da India, foi disolta, e as posesións e protectorados británicos foron incorporados formalmente ao [[Raj Británico]]. A raíña tiña unha visión relativamente neutral sobre o conflito e condenou as atrocidades cometidas por ambos bandos.<ref>Hibbert, pp. 249-250; Woodham-Smith, pp. 384-385</ref> Escribiu sobre o seu «sentimento de horror e arrepentimento polo resultado desta guerra civil sanguenta»,<ref>Woodham-Smith, p. 386</ref> e insistiu, incentivada por Alberte, que debía anunciar que a proclamación oficial afirmando a transferencia de poder da compañía ao Estado «debía mostrar un sentimento de xenerosidade, benevolencia e tolerancia relixiosa».<ref>Hibbert, p. 251; Woodham-Smith, p. 386</ref> Por orde da raíña, unha referencia que ameazaba a «diminución das relixións nativas e dos seus costumes» foi substituída por un pasaxe que garantía a liberdade relixiosa.
 
Nas eleccións de 1874 Disraeli volveu ao poder, e o seu goberno aprobou unha lei de regulación de culto público que retiraba os rituais católicos da liturxia [[AnglicanismoComuñón Anglicana|anglicana]], lei que Vitoria apoiou:<ref>Hibbert, p. 361; Longford, p. 402; Marshall, pp. 180-184; Waller, p. 423</ref> a raíña prefería misas curtas e sinxelas, e gustáballe máis a doutrina da igrexa [[Presbiterianismo|presbiteriana]] escocesa que a inglesa. Foi este primeiro ministro o que aprobou a lei que confería á raíña o título de «emperatriz da India» o 1 de maio de 1876.<ref>Hibbert, p. 361; Longford, pp. 405-406; Marshall, p. 184; St Aubyn, p. 434; Waller, p. 426</ref> O novo título foi proclamado no [[Delhi Durbar]] o [[1 de xaneiro]] de [[1877]].<ref>Waller, p. 427</ref>
 
O [[14 de decembro]] de [[1878]], aniversario da morte de Alberte, a segunda filla de Vitoria, a princesa [[Alicia do Reino Unido|Alicia]], que se casou co gran duque [[Luís IV de Hesse-Darmstadt]], morreu de [[difteria]] en [[Darmstadt]]. Vitoria atopou a coincidencia das datas «case incrible e moi misteriosa».<ref>Longford, p. 425</ref> En maio de 1879 converteuse en bisavoa por primeira vez debido ao nacemento da princesa [[Feodora de Saxonia-Meiningen]], filla da súa neta [[Carlota de Prusia]].<ref>Longford, p. 426</ref>