Soiuz 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Novo artigo
 
Xosema (conversa | contribucións)
m →‎Características: Arranxo menor
Liña 50:
A misión de Soyuz 1 foi probar a nova cápsula Soyuz 7K-OK por primeira vez cun [[cosmonauta]] a bordo, [[Vladimir Mikhailovich Komarov]], e tras dous voos de proba non tripulados. O plan era lanzar a [[Soyuz 2]] con tres tripulantes a bordo o día posterior á Soyuz 1 e facer manobras conxuntas no espazo.<ref name=NSSDC/><ref name=UNOOSA/><ref name=claude/><ref name=gunter/>
 
Pouco despois do lanzamento comezaron os problemas para Komarov: un dos dous [[Panel solar|paneis solares]] da cápsula Soyuz non se despregou, quedando pegado do módulo de servizo. Ademais apareceron dificultades co control da nave debido a interferencias entre o [[sistema de control a reacción]] e os sensores de fluxo de [[ión]]s que proporcionaban información sobre a posición da nave. O control de terra decidíudecidiu que Komarov debía volver, dadas as condicións do voo. O primeiro intento de retropropulsión para a [[reentrada atmosférica]] non tivo éxito debido aos problemas de orientación da nave, así que Komarov fixo un acendido manual, que logrou sen problemas. A reentrada produciuse con normalidade e o [[paracaídas]] de freado funcionou sen problemas, pero debido a un fallo nun sensor de presión o paracaídas principal non chegou a despregarse. Komarov deu activado o paracaídas de reserva, pero liouse co de freado, impedindo que funcionara. O impacto contra terra, cerca da cidade de [[Oremburgo]] e sobre as 7:00 do 24 de abril, destrozou o módulo de descenso e matou a Komarov.<ref name=NSSDC/><ref name=claude/><ref name=gunter/>
 
O accidente da Soyuz 1 foi a continuación dos problemas atopados nos voos de proba non tripulados anteriores e das presións políticas para ser lanzada a pesar de todo. O voo programado da Soyuz 2 non tivo lugar ata varios meses despois.<ref name=NSSDC/><ref name=UNOOSA/><ref name=claude/><ref name=gunter/>