Fun and Fancy Free: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 51:
| imdb_id = 0039404
}}
'''''Fun and Fancy Free''''' é un filme de [[animación]] de producido por [[Walt Disney]] e estreado o [[27 de setembro]] de [[1947]] por [[RKO Pictures|RKO Radio Pictures]]. Foi o noveno dos filmes de animación de Disney e o cuarto dos filmes recompilatorios que o estudio produciu na década de 1940 para aforrar cartos durante a [[segunda guerra mundial]]. Estes filmes axudaron a financiar obras posteriores como ''[[Cinderella (filme de 1950)|Cinderella]]'', ''[[Alice in Wonderland (filme de 1951)|Alice in Wonderland]]'' ou ''[[Peter Pan (filme de 1953)|Peter Pan]]''.
 
O filme contén dúas historias, a primeira das cales, ''Bongo'', é presentada por [[Jiminy Cricket]] e narrada por [[Dinah Shore]]. Está baseada na historia curta "[[Little Bear Bongo]]" de [[Sinclair Lewis]], ''Bongo'' e conta a historia dun oso de circo que soña cola liberdade. Bongo escapa do circo e namórase dunha osa salvaxe chamada Lulubelle, e descobre que debe probar o seu amor para conseguir o de Lulubelle. A segunda historia, ''Mickey and the Beanstalk'', é presentada por [[Edgar Bergen]] e é unha adaptación da historia ''[[Xan o das fabas máxicas]]'' protagonizada por [[Mickey Mouse|Mickey]], [[Donald Duck|Donald]] e [[Goofy]] que interpretan tres labregos que descobren o castelo do xigante Willie empregando unhas fabas máxicas. Deben combater co xigante para restaurar a paz no seu [[val]]. ''Mickey and the Beanstalk'' foi a derradeira vez que [[Walt Disney]] puxo voz a [[Mickey Mouse]], xa que estaba demasiado ocupado noutros proxectos. Disney substituíuno polo artista de efectos de son [[James MacDonald]].